Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

6-11-2010 Editorial: Competición para organizar a XV Copa do Mundo Sub-20

Esta tempada a HFA promoveu un novo proceso para seleccionar que país terá o honor de organizar o vindeiro Mundial Sub-20!
As comunidades que forman o HT global están a traballar á vez e fan unha aposta polos seus países. Estas candidaturas necesitan ser presentadas dende unha páxina web (un blog tamén vale), explicando por que o TEU país debería ser o vindeiro organizador do Mundial Sub-20 de HT e que faría que o teu evento fose máis interesante e agradábel para a comunidade mundial de Hattrick. Canto máis estea involucrada a túa comunidade moito mellor! Quizais un artigo na Hattrick Press? Un logo oficial? Mascotas? Sinais? Tenta ser creativo! Amósanos do que es capaz!


Quen?

Estamos a aceptar un candidato por país. No sentido de asegurarnos que só participe un candidato necesitamos que nos digas cal é a túa conferencia local. Ten en conta que se o teu país organizou un Mundial no pasado, podería ir en contra da túa candidatura, os organizadores máis recentes terán menos posibilidades.

Cando?

O proceso abrirase o día 11 de xuño até o 1 de agosto ás 23:59 (hora HT).

Como?

A través do formulario de contacto dos Administradores das Seleccións e co asunto XV U20 World Cup Bid, a persoa de contacto oficial da candidatura debe enviar o seguinte:
- unha ligazón a súa páxina web
- unha curta introdución para ser enviada con ela
- unha ligazón ao fío oficial do teu país confirmando a oficialidade da túa candidatura

Debes asegurarte de recibir unha mensaxe de confirmación.

Todas as candidaturas serán publicadas nun fío fixo (sticky) nas catro conferencias globais, para que o poida ver todo o mundo. Por favor, ten en conta que se verán a nivel global, así que como mínimo o inglés é necesario que sexa unha das linguas nas que estea escrito.

Criterios:

- Orixinalidade e creatividade
- Calidade do traballo
- Unha comunidade implicada (fíos na conferencia nacional, interese xerado)
Plus: Perspectiva de novos usuarios e relevancia nos medios de comunicación

No caso de recibir un grande número de candidaturas, faremos unha preselección para deixalas en 8 finalistas.

Xurado:
Son cinco os votos:
1- HT-Johan
2- HT-Anne
3- Un voto á comunidade a través dunha enquisa (non se poderá votar polo teu propio país)
4- Un voto dos Administradores das Seleccións Nacionais (NTA)
5- Un voto dos Seleccionadores Nacionais, tanto das absolutas como das Sub-20

 
Server 071