Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Editoriais

Adestramentos máis rápidos a vindeira tempada


2010-06-21 10:00:00

Co novo motor de partidos xa en funcionamento, centrarémonos agora noutras áreas onde mellorar. Hai algunhas novas para a vindeira tempada: cousas que cremos que serán boas para o xogo e que non requiren dun desenvolvemento novo.

En primeiro lugar, serás quen de adestrar aos teus xogadores máis rápido ca antes. Tamén haberá cambios no sistema de empregados e un cambio na distribución dos eventos especiais.


Como xa dixemos no editorial "Hattrick comeza de novo", rebaixaremos a velocidade de introdución de novas funcións do xogo durante un tempo, sendo bastante normal despois dos importantes cambios da tempada pasada. Iso si, isto non quere dicir que non vaian ocorrer cousas. Hai varios temas para a vindeira tempada:

Velocidade de adestramento máis rápida
Para a vindeira tempada irán máis rápidos os adestramentos das habilidades. O adestramento é un tema clave en Hattrick, e un dos mellores momentos da semana é comprobar o resultado para ver se existiu algunha suba. Facer que o adestramento vaia máis rápido fará aínda máis apaixonante ese momento e tamén terá varias consecuencias positivas para o xogo.

Fomentará aos xogadores multiskills (con varias habilidades importantes) e permitirá unha maior variedade de xogadores. Fará máis doado aos novos usuarios ver os efectos do adestramento e axudaralles a facer que os seus equipos sexan competitivos moito máis rápido. Tamén fomentará construír un equipo con xogadores adestrados por ti no lugar de adestrar xogadores para vendelos no mercado.

Detalles dos cambios no adestramento
O adestramento será moito máis rápido ata o nivel formidable, logo esa velocidade irá a menos de xeito gradual ata o nivel titánico, nivel a partir de onde esa velocidade será igual á de hoxe en día. Por riba do nivel extraterrestre a velocidade de adestramento irá a menos gradualmente comparada coa actual, e no nivel divino será moita máis lenta.

Faremos tamén que a idade sexa menos importante de cara ao adestramento, e grazas a elo os xogadores máis vellos terán unha velocidade de adestramento máis grande. Por outro lado, isto tamén provoca que o nivel a partir do cal a velocidade comece a ser máis lenta será maior para os xogadores máis vellos que para os novos.

Algúns exemplos:
- Ata formidable, un xogador de 17 anos adestrará preto do 50% máis rápido (un 150% da velocidade actual). Despois dese nivel a porcentaxe de suba desa velocidade irá rebaixándose de xeito gradual.
- Ata formidable, un xogador de 23 anos adestrará preto do 75% máis rápido (un 175% da velocidade actual). Despois dese nivel a porcentaxe de suba desa velocidade irá rebaixándose de xeito gradual. Por riba do nivel extraterrestre, a porcentaxe de suba será gradualmente máis pequena cá actual (e a maior habilidade, menor velocidade).
- Ata formidable, un xogador de 26 anos adestrará preto do 85% máis rápido (un 185% da velocidade actual). Despois dese nivel a porcentaxe de suba desa velocidade irá rebaixándose de xeito gradual. Por riba do nivel máxico, a porcentaxe de suba será gradualmente máis pequena.
- Ata formidable, un xogador de 29 anos adestrará preto do 95% máis rápido (un 195% da velocidade actual). Despois dese nivel a porcentaxe de suba desa velocidade irá rebaixándose de xeito gradual. Por riba do nivel utópico a porcentaxe de suba será gradualmente máis pequena.

Por favor, ten en conta que aínda así un xogador de 17 anos seguirá a destrar máis rápido ca un de 18 anos, e este máis rápido ca un de 19, e así consecutivamente. A diferenza de tódolos xeitos farase máis pequena.

Cambios nas baixadas das habilidades
A idade terá menos importancia nas baixadas das habilidades. Polo tanto, as baixadas por culpa da idade serán máis lentas. Non obstante, as baixadas por ter habilidades moi altas serán máis rápidas, todo isto a partir do nivel titánico (a maior nivel máis rápida será a baixada).

Unha bonita consecuencia destes cambios nas baixadas de habilidades, tendo en conta tamén a suba da velocidade do adestramento, é que os mellores xogadores das seleccións serán adestrados en habilidades secundarias, e a bo seguro que nin sequera sexan divinos na súa habilidade principal.

As academias de xuvenís manterá a súa velocidade
Tratando de manter o equilibrio nas academias de xuvenís e nas redes de olladores os xuvenís das academias manterán a velocidade de adestramento, polo que as academias non xerarán xogadores mellores ca agora. Isto quere dicir que adestrar no teu primeiro equipo pode que sexa máis rápido ca nas academias, en función de como teñas os empregados, pero tes que ter en conta que adestrar un xuvenil na academia fai que non perdas o adestramento dun xogador no teu primeiro equipo.

Os prezos no mercado de fichaxes poderíaan caer
Grazas á suba na velocidade do adestramento, os prezos no mercado é posíbel que caian un pouco. Esta circunstancia pensamos que é positiva, xa que consideramos que están un pouco altos. A baixada de prezos no mercado darálle unha maior importancia aos ingresos por venda de entradas e aos ingresos por patrocinadores. Trátase dun efecto secundario con importancia por mor deste cambio.

Achéganse cambios nos salarios
Temos pensado subir lentamente os soldos dos xogadores máis maiores nas vindeiras tempadas. Isto, máis a eliminación de adestramento "Xeral" (ollar máis abaixo), fará que os xogadores vellos non sexan unha opción con máis beneficio do que agora o é.

Ao mesmo tempo, tamén baixaremos lentamente os soldos dos xogadores con habilidades moi altas. No futuro, queremos que os equipos das divisións máis altas poidan permitirse ter algún dos mellores xogadores do xogo. Esta modificación, máis o cambio do adestramento, son pasos que van encamiñados nesa dirección.

Proximamente eliminación do adestramento "Xeral"
Máis adiante temos pensado eliminar o adestramento "Xeral" (tal e como o coñecemos), polo menos para non ser unha alternativa de adestrameto. Gústanos a idea de poder darlle pulo á forma dos xogadores de cando en vez, pero non debe ser algo que se poida usar semana tras semana.

Cambios no cadro de persoal
Como se dixera o ano pasado no editorial "A nosa visión de Hattrick", queremos as áreas do xogo que teñan "opcións mortas" e o cadro de persoal é unha delas. Tamén se dixera que habería que escoller entre distintas estratexias (ao mesmo tempo non se poderán usar tódalas estratexias ao máximo).

Con isto en mente, faremos algunhas poucas modificacións no cadro de persoal. Estas modificacións (ollar máis abaixo) farán máis doado o cambio a un sistema de empregados totalmente novo, o cal aínda está a ser deseñado.

- Os adestradores de porteiros serán unidos aos auxiliares técnicos.
- Os economistas serán eliminados
- Non poderás contratar a máis de 10 especialistas do mesmo tipo.
- Non poderás ter máis de 30 especialistas en total.

Se ó comezo da vindeira tempada, tes máis de 30 especialistas contratados, a directiva comezará a despedir primeiro aos psicólogos (deixando polo menos un). No caso de non ser suficiente, serían despedidos os fisioterapeutas (deixando polo menos un) e despois serían os doutores.

Unhas poucas palabras sobre o vindeiro sistema de persoal
A nosa intención co novo sistema de empregados é que debería ser algo moito máis persoal e proporcionar mellor información da eficiencia dos diferentes empregados. Ademais será fundamental cando chegue o momento de elixir a túa estratexia no xogo.

Tamén haberá novos tipos de empregados coma os axentes, os cales porán un límite á túa capacidade de comprar/vender. E se queres maximizar esta faceta, terás menos capacidade para mellorar o teu equipo, os adestramentos, etc.

Cambios na distribución dos eventos especiais
Como a maior xa sabedes canto máis dominas o medio do campo hoxe en día maiores posibilidades terás de obter un evento especial. A vindeira tempada faremos que o medio do campo sexa menos importante na distribución dos eventos especiais. Estará en relación coa posesión da bóla.

Isto quere dicir que unha posesión do 55% implica un 55% de posibilidades de obter un evento especial (por suposto, tamén debes ter os xogadores coas especialidades axeitados para conquerir un evento particular).

A razón para isto é tentar darlle un pouco menos de importancia ao medio do campo do que actualmente é. Como segundo paso, no futuro tamén relacionaremos os eventos especiais coas cualificacións de ataque e defensa.

HT-Tjecken
Lista de todos os editoriais

Reaccións da comunidade

Ninguén emitiu aínda un comunicado de prensa sobre isto.

 
 
Server 081