Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

11-8-2010 Editorial: CHPP 2.0 abre as súas portas

O Hattrick vai moito máis alá desta páxina onde está o xogo e un dos mellores exemplos disto son os grandes programas e páxinas desenvolvidos pola comunidade para a comunidade. Hoxe é o momento de anunciar o tan esperado reinicio do noso programa de desenvolvemento externo CHPP. Isto significa que haberá máis posibilidades para os programadores, e que os novos programadores poidan comezar as súas aplicacións por primeira vez en anos. Isto implica novas ferramentas de interese para ti coma usuario. Tamén introducimos un camiño novo e seguro para permitir aos programas CHPP acceder os datos do teu equipo.
Dende os primeiros momentos do Hattrick, os usuarios fixeron os seus propios programas e páxinas para mellorar a experiencia en Hattrick. Na década dos 90 comezamos a proporcionar formas para que esas mentes creativas puideran baixar os datos dos equipos para que os datos puideran estar mellor organizados e puideran analizarse mellor. Hattrick foi medrando e así ocorreu tamén cos software de axuda para os mánagers, páxinas de estatísticas, visores en vivo e todo tipo de programas. En 2001, comezamos unha rede oficial para programadores que foi chamada CHPP (Provedores de Produtos Hattrick Certificados). Ao mesmo tempo que crecía o Hattrick así o facía tamén o CHPP, e o que nos seus inicios foi un camiño para nós de centrarnos no núcleo da páxina, xa que os usuarios construían todo aquilo para o que nós non tiñamos tempo, co tempo chegou a ser unha grande empresa por si mesma. En 2006 decidimos temporalmente pechar o CHPP para novas aplicacións, un peche temporal que finalmente durou catro longos anos.

Ao longo de todo este tempo, os programas CHPP mantivéronse como unha parte importante do xogo, aproveitado por decenas de millares, se non centos de milleiros de usuarios. Por isto estamos moi contetos de anunciar CHPP 2.0, un novo inicio da rede, a cal incluirá o seguinte:

* Tódolos programas CHPP comezarán usando un novo sistema de autenticación cando acceden ao teu equipo. Neste sistema, ti sempre terás o control de que aplicacións CHPP serán quen de acceder ao teu equipo e que datos verán. Xa non será necesario nunca máis compartir o código de seguridade coas aplicacións CHPP, xa que tódolos permisos daranse dende dentro de Hattrick. Haberá programas CHPP aos que se lles vai dar 6 meses para cambiarse ao novo sistema.

* O novo portal CHPP fará moito máis doado atopar as aplicacións e servizos que sexan útiles para ti. Isto tamén dá aos programadores CHPP un mellor xeito de darlle publicidade ao seu traballo dentro de Hattrick.

* Estamos a deseñar uns novos datos XML dispoñíbeis para os programadores CHPP, o que significará novas funcionalidades para ti. Tamén será posíbel usar o interface CHPP para xestionar o teu equipo a través das aplicacións externas. O primeiro paso foi dado por medio da nosa propia aplicación Facebook, onde agora poderás procurar e amañar amigábeis.

* Actualizamos as nosas políticas e regras ao respecto do CHPP, para facer que o proceso enteiro sexa máis levadeiro tanto para os programadores coma para nós mesmos. As regras máis claras, menos retrasos, menos restricións sobre o que se pode programar (agora as aplicacións de móbiles están permitidas!), e máis doado de aplicar para eses poucos programas que non seguen as regras.

* Por último, pero non menos importante, coa reapertura de CHPP estamos comprometidos a seguir mellorando a rede CHPP, xa que pensamos que é un aspecto fantástico da comunidade Hattrick. De verdade queremos fomentar novas ideas e proxectos xa que isto pode facer do Hattrick algo máis emocionante. E para aqueles de vós que inda non descubrírades o CHPP, tomaros algún tempo para facelo, porque hai moitas e boas aplicacións CHPP xa dispoñíbeis, e moitas máis que virán.
 
Server 070