Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

5-23-2011 Editorial: Hattrick Widgets e Hattrick United

Sempre tiven moito agarimo a tódolos mánagers de Hattrick que deixan fluír a súa creatividade e crean moita vitalidade arredor dos seus equipos. Para min esta é unha das mellores cousas que ten Hattrick, e leva o xogo a un nivel totalmente novo. Xa que logo, síntome moi orgulloso de dicir que fixemos un conxunto de ferramentas para poñercho máis fácil.

En hattrickwidgets.org podes atopar unha boa colección de complementos para Hattrick, para usalos na túa páxina web ou blog de maneira gratuíta. Estes complementos funcionan na maior parte das plataformas.

En hattrickunited.org podes creares facilmente o teu propio blog ou páxina web, e compartir tódalas grandes historias do teu equipo e xogadores co resto do mundo de Hattrick. E é totalmente gratuíto.

En Hattrick United atoparás a partires de agora tamén os nosos blogs oficiais.
Nos ofrecemos unha casa. Vós enchédela de vida.

Para min isto é Hattrick nunha palabra, e sempre estivo na nosa mente á hora de desenvolver Hattrick. Creamos e proporcionamos a casa onde todos vivimos, pero sodes vos os que realmente a enchedes de vida. E o que sempre desfrutei disto é o ler as incribles historias dos equipos e xogadores de Hattrick, ou persoas arredor dun equipo que un nin sequera pensou que existían. Estas historias enchen a nosa casa con tanta vida; vida que todos podemos desfrutar.

Non sempre foi tan fácil crear e compartir a vida arredor do teu club, e especialmente non para os que non son Supporters. Pero con Hattrick Widgets e quizais especialmente Hattrick United agora é moito máis fácil comezar a creares e compartires as historias do teu equipo, e hai un espazo común onde todos podemos desfrutar destas historias.

Hattrick Widgets
En Hattrick Widgets podes atopar montóns de complementos personalizados que podes empregar na túa páxina web ou blog actuais. E se es Supporter tes acceso a máis complementos. Hattrick Widgets é un produto CHPP e funciona na maior parte das plataformas (en tanto que estas permitan javascript).

Hattrick United – o noso portal de blogs
Hattrick United está baseado en Wordpress, posiblemente a plataforma de blogs máis potente que hai. É fácil abrires un blog e dentro naturalmente poderás atopar tódolos Hattrick Widgets dispoñíbeis. Se es Supporter tes máis posibilidades para personalizar a aparencia do teu blog, e acceder aos complementos adicionais, por suposto.

Cando abres un blog de equipo en Hattrick United, tes unha caixa cun enlace ao blog do teu equipo na páxina do teu equipo de Hattrick. Se es Supporter as últimas entradas serán tamén mostradas. Os mánagers que visiten o teu club en Hattrick tamén atoparán o seu camiño ao teu blog.

Se xa tes un blog, pero quedes trasladalo a Hatrtick United no seu lugar é bastante fácil de importalo. Se queres máis información - ou se simplemente queres desfrutar dalgunhas boas historias de Hattrick - visita hattrickunited.org.

Agora, xa sei que non todo o mundo vai abrir un blog, pero realmente podo recomendar que deixedes a vosa fantasía e creatividade fluír. Non porque vai a mellorar a experiencia no xogo dos demais (que o fará), senón porque estou bastante seguro de que desfrutaredes de Hattrick un pouco máis do que xa o facedes. Marca a diferenza.

Aproveitando Hattrick ao máximo
No panorama Hattrick Widgets e Hattrick United son pasos na mesma dirección cá reapertura de CHPP atrasada este ano: queremos facer que Hattrick sexa máis aberto ás iniciativas dos usuarios e para que te sexa posible ser más creativo e persoal co mundo do xogo. Simplemente queremos darche as ferramentas para aproveitares Hattrick ao máximo - sexa onde sexa. Porque para nós é moito máis importante que desfrutes de Hattrick en xeral, que desfrutes soamente na páxina de Hattrick.

Tamén sabemos que a maioría de mánagers non contribúen activamente á comunidade. Aínda que penso que desfruto máis sendo parte dunha e a enerxía que proporciona ao xogo en conxunto - moitos só queren ver Hattrick coma un xogo. Isto é algo que temos que aceptar e adaptarnos a elo. E polo tanto temos que manter un bo balance entre funcionalidades da comunidade como esta e o xogo principal, e non deixar que o primeiro cause moita distracción sobre o propio xogo.

O terreo neutral perfecto
O anteriormente mencionado é unha razón pola cal os blogs están nun sitio separado e non en Hattrick mesmo, pero hai máis razóns para isto. Unha é que poderíamos usar unha plataforma de blogs (Wordpress) que é potente e xa existe, non temos que desenvolver algo dende cero internamente. Isto tamén significa que podemos deixar que un programador externo se ocupe deste proxecto en vez de ter os nosos propios programadores traballando en el; podemos desenvolver simplemente Hattrick United sen tomar ningún recurso de desenvolvemento de Hattrick.

De xeito máis importante diría que Hattrick United crea o terreo neutral perfecto para nós onde podemos promover ideas baseadas na comunidade e iniciativas con máis facilidade e sen o risco de distraer demasiado aos usuarios do xogo principal. Tamén será un lugar perfecto para que nós relacionemos e promovamos boas iniciativas da comunidade que non teñen un lugar de por si no sitio principal, e que por isto poderían desvanecerse ou non recibir a atención que merecen.

Aínda estará presente a comunidade en Hattrick
Antes de terminar con isto aínda hai unha cousa máis que ten que mencionarse: Hattrick United non significa que termine HT Press ou calquera outro contido da comunidade en Hattrick. Os nosos editores voluntarios e tódolos escritores de HT Press fan un traballo incrible para a comunidade de Hattrick, e realmente merece o seu lugar e atención tamén. Hattrick Press continuará e desenvolverá igualmente.

A comunidade sempre foi unha parte viva e importante de Hattrick. Con Hattrick Widgets e Hattrick United agora te máis ferramentas - e un espazo compartido - para mellorar esta parte e expandires a comunidade máis lonxe aínda. Non é unha mala forma de comenzar a semana, non si?
 
Server 070