Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

1-30-2012 Editorial: XVIII Mundial: candidaturas para ser anfitrión

Chegou a hora da quinta edición da competición de candidaturas para ser anfitrión. Nesta ocasión está en xogo a posibilidade de hospedar o XVIII Mundial, e o que quede segundo organizará o XVIII Mundial sub-20.

Os países que queiran organizar o Mundial deben involucrar a súa comunidade e facer un vídeo para ensinarnos por que o seu país debe ser o anfitrión do Mundial.
< b>Quen?
Aceptamos unha candidatura por país. Para asegurarnos de que só se presenta unha única candidatura, esta deberá ser anunciada no teu foro nacional local. Ten en conta que se o teu país foi anfitrión do Mundial no pasado, isto podería ir en contra da túa candidatura. E por suposto os últimos gañadores (Trindade e Tobago, Polonia, India, Bosnia-Herzegovina e o último segundo clasificado, Panamá) non poden participar nesta ocasión.

Cando?
O proceso de selección estará aberto dende hoxe ata o 9 de febreiro ás 23:59 hora HT.

A votación terá lugar dende o luns 13 de febreiro ata o domingo 19 de febreiro. O gañador anunciarase a semana seguinte.

Como?
A persoa de contacto oficial da candidatura debe ser dese país de Hattrick e debe enviar:

- Un enlace ao voso vídeo, aloxado en YouTube, para máis tarde incluílo na canle oficial de Hattrick en YouTube.

- Un enlace ao tema oficial no foro do teu país que constate que esta é, en efecto, a candidatura oficial.

- Todo iso a través do formulario de contacto dirixido aos NTA (National Team Administrator, é dicir, os Administradores das Seleccións), a través da opción "Administración da Selección Nacional" do formulario de contacto co asunto XVIII World Cup Bid (asegúrate de que recibes unha mensaxe de confirmación).

Por favor, ten en conta que dado que estes vídeos se van publicar a nivel mundial, o inglés debería ser, polo menos, un dos idiomas a utilizar.

Criterios

- Participación da comunidade.

- Creatividade.

- Calidade do traballo.

De entre todos os participantes, elixiremos os cinco mellores para sometelos á votación da comunidade.

Xurado:
Hai catro votos:

- Un voto da comunidade (non poderás votar ao teu propio país).

- Un voto dos seleccionadores nacionais sub-20 e absolutos.

- Un voto dos NTA.

- Un voto de HT-Johan.

En caso de empate, o país mellor cualificado pola comunidade recibirá o punto extra de desempate.

O gañador será o anfitrión do XVIII Mundial e o segundo clasificado serao do XVIII Mundial sub-20!

Boa sorte a todos!
 
Server 071