Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

12-3-2012 Editorial: Supporter 2.0

Hai ocasións nas que engadimos grandes funcionalidades ao paquete Supporter. Esta non é unha elas; esta vez é moito máis que só iso!

Hoxe ve a luz unha grande actualización do Supporter, case se podería dicir que se trata dunha nova versión do Supporter. Inclúense nesta actualización de Supporter algunhas funcións novas verdadeiramente boas (non se nos ía esquecer esta parte nunha actualización) como as transferencias pasivas, os temas de equipo e un editor do escudo de equipo.

Tamén puxemos a disposición de todo o mundo algunhas funcións antigas de Supporter como as caras dos xogadores, os números dos xogadores, o nome do club de socios e a vitrina de trofeos. E os non Supporters tamén poderán facer un escudo básico para o club utilizando o novo editor do escudo de equipo.
Pasaron máis de 11 anos dende que publicamos Hattrick Supporter por primeira vez. Dende entón, engadimos novas funcións a Supporter de forma continuada, converténdoo no gran paquete que é hoxe. Non obstante, unha cousa que non fixemos durante estes anos é redefinir que é Supporter ou que debería ser no futuro.

Durante o outono fixemos precisamente isto, o que supuxo un proceso revitalizante que tamén cambiou a nosa visión do Supporter. Como resultado, temos unha nova presentación de Supporter na páxina web, pero principalmente fixo que algunhas funcións que pensamos que non pertencen xa ao paquete Supporter estean dispoñibles para todo o mundo. E engadíronse algunhas novas funcións ao Supporter realmente valiosas, por suposto.

Comecemos coas novas funcións engadidas ao Supporter:

Buscas pasivas
As buscas pasivas axúdanche a encontrar ese xogador especial que buscas no mercado. Se a busca da túa transferencia che mostra 10 resultados ou menos terás a posibilidade de engadir unha busca pasiva. Estaremos continuamente comprobando todas as novas transferencias e notificándoche cada vez que un xogador que encaixe co teu criterio de busca é posto en venda.

Podes ter 2 buscas pasivas á vez e cada unha delas actívase durante 2 semanas.

Editor do escudo de equipo
Co editor do escudo de equipo podes crear doadamente o teu propio escudo de equipo cunha interface simple. Está especificamente orientado a aqueles de vós que non tedes tempo, interese ou pode que a habilidade requirida para crearvos un escudo pola vosa conta. Por suposto, segues podendo subir ou manter o teu propio logo, se o prefires.

Tema do equipo
Con isto podes elixir o teu propio tema para o teu equipo; podes subir a túa propia imaxe de fondo e elixir entre un menú de cores para que encaixe coa identidade do teu equipo. Este team mostrarase a calquera que visite o teu equipo.

Se a ti, como Supporter, non che gustan os temas do equipo, podes desactivalos nas túas preferencias.

Encontrar xogadores similares
Esta é unha pequena pero enxeñosa función que fai practicamente o que di: encontra un xogador similar no mercado de transferencias. Encontrarala (a icona dos prismáticos) en calquera xogador para o que poidas ver as súas habilidades; facendo clic na icona copiarás as mellores habilidades do xogador para traspasalas ao formulario de busca de transferencias. Dende aí, tan só has de premer "Buscar" (ou previamente axustar o formulario ao teu propio gusto).

Inmortalidad
Para gañar inmortalidade podes beber o elixir da vida. Ou tamén converterte nun vampiro. Ou por agora, tan só ser Supporter.
Sempre que sexas Supporter o teu equipo non se desactivará ou borrará por inactividade (as normas de bancarrota normais e as regras da casa aínda teñen validez).

Funcións de Supporter que serán agora accesibles a todo o mundo
Como mencionei antes, hai un número de funcións de Supporter que sentimos que xa non forman parte do paquete Supporter, senón que son máis ben funcións libres. E estas funcións serán agora polo tanto accesibles a todo o mundo. Así pois, estas son as novas funcións para os que non son Supporters:

As caras dos xogadores, os dorsales dos xogadores e os comentarios dos xogadores daranlle aínda máis vida aos teus xogadores. Isto tamén significa que poderás ver a túa foto de equipo.

Agora poderás darlle un nome ao teu club de socios e ver os teus trofeos no teu estante de trofeos. Nos foros podes establecer a túa firma de foro, podes crear carpetas de correo personalizadas e, ademais de todo iso, tes acceso á clasificación histórica e ás estatísticas de viaxes na páxina do teu grupo.

Por último, pero non por iso menos importante, tamén poderás facer un escudo do equipo básico co noso novo editor de escudos do equipo.

Isto é todo! Espero que todos gocedes todas estas novas funcións.
 
Server 071