Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

5-18-2005 Editorial: Relación entre os GMs e a comunidade.

Cómo pode ser que nada caldee tanto o clima na conferencia como cando se coñecen determinadas decisións dos GMs? Pódese ou non discuti-las decisións dos GMs, e porqué? HT-Tjecken reflexiona sobre isto e aclara algúns puntos, nesta editorial que é a primeira das tres que falarán deste tema.
Cómo chegan a ser tan controvertidas ou cuestionadas determinadas decisións dos GMs, ata o punto de que algúns cheguen a desconfiar da xente na que eu, e o resto do equipo HT confiamos ao máximo?
A resposta para isto non é sinxela, dende logo, e depende de varias cuestións, moitas delas ocultas na natureza humana. Por exemplo tendemos a non crer nas cousas que descoñecemos, e
se esa cousa ten algún poder inda teremos máis problemas para crela.

O mundo dos GMs é un secreto para moitos, un mundo que conleva un feixe de rumores, mística e malentendidos ao longo dos anos. Para os máis novos, coido que moitos non sabedes en qué consisten realmente as tarefas dos GMs, e dende logo non é raro que surxan malentendidos nas relacións entre os GMs e a comunidade. Así, comezaremos explicando o papel dos GMs e aclarando algúns dos rumores, para tentar entender algo máis do mundo "secreto" cos GMs e mellorar no que sexa posíbel a relación entre GMs e a comunidade.

A tarefa dos GMs é a de axudar aos nosos usuarios no xogo, e asegurarse de dar as facilidades necesarias para elo. Isto é algo que ás veces parece esquencerse, así que o direi novamente: O propósito principal de ter GMs é o de axudar aos usuarios, non o de pillar trampóns. As súas tarefas principais son as de axudar aos nosos usuarios nos problemas que poidan atoparse no xogo, o cal implica aclarar malentendidos, axudar a usuarios que precisas axuda, avisar de erros no xogo, validar novos usuarios, etc.
En segundo lugar, son os responsábeis de asegurarse de que se respetan as regras de Hattrick, o que significa que se aseguran de que a xente se comporte dacordo coas nosas regras de conducta e, como todos sabedes, manter este xogo libre de trampas.
Entón, porqué temos regras? Sinxelamente porque queremos darvos a vós, a comunidade Hattrick, a mellor experiencia posíbel dentro do xogo. Na nosa opinión, o disfrute do xogo é maior se o pasas ben xogando e o resto de usuarios te trantan con respeto. Os GMs (e moderadores) están ao teu servizo, para asegurarse de que todos o pasan ben.

Para encaixar no papel de GM terás que ter unha mentalidade servicial e, ao mesmo tempo, non temer a responsabilidade, deberás te-los arrestos necesarios para tomar decisións que poden non gustarlle aos afectados. E debes, por suposto, ter un gran coñecemento do xogo. De cotío pídeselle a importantes membros da comunidade converterse en GMs, pero non se trata dun concurso de popularidade. A popularidade é unha habilidade secundaria, o máis importante é que a personalidade encaixe no rol.

Como entenderedes, ser GM non é tarefa sinxela. Inda que o tentes facer o mellor posíbel, ás veces hai usuarios incapaces de aceptar unha decisión determinada, sen importa-lo fundamentada que esté esa decisión. As veces os usuarios chegan incluso a falar de corrupción ou que o GM está famento de poder. Pos ben, nada pode ser máis falso. Asegurámosvos que non escollemos usuarios famentos de poder para o traballo de GM, nin calqueira outro papel dentro do staff. Pero dende logo que o traballo dos GMs conleva unha grande responsabilidade e, polo tanto, algúns poderes. Pero os GMs deben usar eses poderes si as nosas regras non son respetadas. Polo noso ben, e o que é máis importante: Polo voso ben.

Vouno deixar aquí polo dagora, pero voltaremos co tema nun par de días. Pero antes de rematar, deixádeme informarvos de que hai unha organización interna de GMs, conmigo ao mando, controlando e asegurándonos de que os GMs ao redor do mundo Hattrick desempeñan as súas tarefas de xeito adecuado e amable.
 
Server 070