Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

6-18-2013 Editorial: Un Hattrick aínda máis acolledor

Os membros de Hattrick formamos unha gran comunidade e diría que as súas conferencias son un dos lugares máis acolledores da rede. Algo do que nos sentimos orgullosos, e algo polo que lle temos que estar moi agradecidos ao noso Staff e colaboradores. Pero, coma calquera outra cousa, sempre se pode mellorar. Por iso imos revisar as normas, principios e directrices para os nosos colabores e membros do Staff. Queremos converter Hattrick nun lugar aínda mellor e que o noso funcionamento sexa máis transparente.

Pode que isto non sexa algo no que medites a miúdo ou ao que non lle prestes atención, pero a nós si que nos preocupa e é algo que nos afecta a todos. Por iso quero advertirche que tamén traballamos na mellora deste tipo de cousas – coa nova páxina A Miña Conta como primeiro paso visible.
Os principios e directrices que estamos usando son practicamente os mesmos que hai 10 anos, e fóronnos útiles – nada que dicir sobre iso. Non obstante, ocorreron moitas cousas desde entón, tanto en Hattrick como no mundo que nos rodea, e está claro que os principios que se fixaron nunha época e situación diferente xa non son útiles.

O que fixemos foi preguntármonos que teríamos feito doutro xeito de comezar hoxe co Hattrick, tendo en conta todo o que fomos aprendendo ao longo destes anos. Partindo desa base, fixamos unha nova perspectiva para as nosas normas, principios e directrices e actualizámolas adecuando Hattrick ao presente e ao que queremos que sexa no futuro.

O que queremos con isto é facilitar aínda máis o uso do que ata agora, e que as medidas adoptadas polos nosos colaboradores sexan máis transparentes e menos reservadas. Naturalmente, imos manter as nosas Regras da Casa (que apenas van cambiar) e asegurarémonos de que sexan respectadas, pero a interpretación que fagamos destas cambiará. As sancións serán máis razoables e non tan rigorosas, preferindo limitar o acceso dun usuario a determinadas funcións (como poden ser as conferencias) cando se produza un comportamento censurable en lugar de adoptar medidas de importancia dentro do xogo (como por exemplo multas).

Hoxe damos o primeiro paso visible deste proxecto integral, a páxina A Miña Conta. Sabemos que moitos de vós nunca teredes a necesitade de consultar esta páxina, pero no caso de violardes as normas, aquí será onde se mostre calquera medida oficial que se tome, con total transparencia e visible para o usuario (naturalmente, esta páxina só será visible para ti). Tamén servirá para poder informar do porqué das medidas adoptadas, e das consecuencias que vai ter. Polo de agora, tan só incluirá infraccións dentro das conferencias, pero máis adiante tamén incluirá outro tipo de infraccións dentro do xogo/sitio.

Conxuntamente cos nosos moderadores, “lanzaremos” as súas directrices internas. Tamén limparemos a lista de expulsados das conferencias (excepto uns poucos que se atopan na derradeira advertencia), para comezar de 0. Ademais, hai algunhas cousas que temos que mencionar:

- Se recibes unha sanción, o teu nivel de sanción para esa ofensa da conferencia (leve, moderada, grave) será incrementada nun nivel.

- O moderador non decidirá máis acerca da duración da sanción. Os Mods "só" decidirán se alguén violou as regras e de que categoría é. O sistema incrementará o nivel desa ofensa, e dará a sanción asociada a ela.

-Se recibes unha sanción, simplemente respectando as regras da conferencia (por bo comportamento) co tempo, iranse limpando as escalas de sancións (o tempo depende da(s) violación(s) e de que se trate.

- Se es sancionado cunha sanción de conferencia, non poderás acceder a ela (nin ler nin escribir) durante o tempo de sanción.

Debes entender que todo este "reinicio de políticas" non é algo que acontecerá da noite para a mañá, é un proceso que levará tempo (como máximo, o resto do ano). Ademais, a maioría deste traballo será interno polo que non o poderás ver realmente. Pero á fin de contas, desexamos que sexa visto. Para todos, os que xa levan xogando moitos anos e aqueles que se anoten mañá.
 
Server 070