Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

4-18-2006 Editorial: As melloras no xogo

Hattrick é un gran xogo, pero inda podemos facer moito por melloralo. Falemos sobre o que temos pensado para elo.
O vindeiro ano Hattrick celebrará o seu 10º aniversario coma xogo de internet. Este foi un proxecto que comezou coma algo individual, e durante moitos anos mantívose moi simple coma un pequeno proxecto entre un pequeno grupo de aficionados, que tiñan que facer traballo dobre para manter Hattrick funcionando. Imaxinádevos, era divertido daquelas e segue a ser divertido agora, pero unha morea de cousas trocaron polo camiño. A meirande parte dos usuarios hoxe agardan que Hattrick funcione coma outras grandes webs, e seica non vexan que inda somos un pequeno equipo con recursos limitados, facendo as cousas o mellor que podemos para proporcionar un xogo de balde con publicidade limitada. Co crecemento adquirimos novas responsabilidades, non só cos nosos usuarios senón tamén cos nosos empregados. Gustarianos explicar brevemente como pensamos medra-la nosa organización de xeito sustancial para cubri-las vosas demandas.

Inversións na web de Hattrick

Históricamente tivemos a tendencia de reacciónar aos problemas de rendemento e limitacións de hardware demasiado tarde, simplemente porque ese era o xeito de ser eficientes cos custos. Durante os últimos dous anos, dende o Venres negro en 2003, cando Hattrick tivo que voltar a unha copia de seguridade do xogo, vimos poñendo moito traballo nos nosos sistemas técnicos. Iso fixo a web máis segura e fiable, pero inda non era dabondo, coma amosaron os problemas que sufrimos a comezos deste ano. Nunca poderemos garantizar que este tipo de cousas non volten a suceder de novo, pero podemos afronta-las inversións necesarias para axudarnos a mellora-la capacidade da web antes de que aparezan os problemas, adiantándonos ás necesidades e probablemente mellorando o disfrute do xogo para os nosos usuarios. Isto é un troco con respecto á nosa filosofía histórica, que baseabase na solución a curto prazo de problemas para atopar tempo para arranxa-los problemas do largo prazo. No futuro agardamos mellorar en ambas áreas.

Novos Colaboradores e Membros no Equipo

Para incrementa-la fiabilidade e o ritmo de desenvolvemento de Hattrick, imos engadir tres postos a tempo completo ao equipo Hattrick. Dende o 3 de Maio HT-Berg unirásenos para traballar únicamente cos nosos 40 servidores, traballando de xeito activo para minimiza-los problemas potenciais e asegurándose de que temos capacidade dabondo. HT-David uníusenos recentemente coma director do proxecto do equipo de desenvolvemento e actualmente estamos recrutando outro posto de desenrolador para o xogo.

Tamén iniciamos unha colaboración técnica con Intel. Tras usarmos o seu hardware durante varios anos, será bo telos a bordo coma colaboradores oficiais, xa que nos dará acceso a mellor apoio e melloras de hardware, e axudaranos moito a estar preparados para o crecemento futuro.

Engadido ao Supporter

Coma sempre, é imposible dar garantías sobre o noso rendemento no futuro. Pero podemos anunciar que centrarémonos nas tarefas de rendemento de xeito máis sistemático e profesional no futuro. Como proba de isto, e como xesto de cara aos nosos Supporters, engadiremos unha pequena "garantía" para supporters. Cada mes lles enviaremos un resumo do mes previo, e extenderemos tódolos supporters por un prazo igual ao das hipotéticas caídas do mes anterior. Moi sinxelo, se a web está pechada, polo menos non terás que pagar por elo. Isto fará o noso rendemento máis visible para todos, e faranos un chisco máis responsables da web e do seu actualizamento.

Faremos este engadido retroactivo para tódolos Supporters actuais para compensarvos a longa cantidade de caídas sufridas en Marzo. Tódolos Supporters recibirán un extra de catro días de engadido ás súas contas. O funcionamento en Abril ata o de agora foi do 100%.

Hattrick Supporter e Publicidade

A tecnoloxía non o é todo, e faremos moitas cousas no deseño do xogo tamén. A finales desta semana introduciremos algunhas novidades para o xogo, cunha nova versión de Hattrick Supporter coma peza central. Tamén subiremoso prezo, por vez primeira dende que lanzamos o servizo fai cinco anos, de 19.50€ a 24.80€ por ano. A meirande parte deste aumento é unha compensación pola inflación, que foi do 19% (UK CPI D7CV) dende que establecemos o prezo en Xuño do 2001. A pesares de que os aumentos de prezos nunca son populares, repercutirá nunha mellora do funcionamento da web, algo que sabemos que moitos supporters nos piden coma prioridade principal.

Tamén estamos reflexionando sobre as nosas políticas de publicidade. O ideal sería podermos facer o xogo bonito empregando formatos de publicidade más eficientes. A última semana, co novo redeseño, fixemos o espacio da barra publicitaria máis pequeno para os Supporters. Ademais, dende agora, non amosaremos publicidade non relacionada co sitio aos supporters, só anuncios de produtos Hattrick, eventos da comunidade ou campañas vencelladas a selectos colaboradores de Hattrick. Os non Supporters seguirán a ve-la publicidade clásica. Estamos considerando outros modelos de publicidade para os non Supporters, polos motivos sinalados enriba. Non imos empregar formatos máis grandes que os que temos agora, pop ups ou spam, pero poderiamos empregar anuncios de texto dinámicos, por exemplo.

Interacción coa Comunidade

Nos vindeiros meses comezaremos a traballar de xeito cada vez máis activo en revisiones para descubri-lo que a comunidade opina sobre varios temas: a experiencia co xogo, os temas técnicos, o funcionamento da administración do xogo... Coidamos que esto equilibrará a sensación de seguimento normal da satisfacción dos usuarios, que normalmente restrinxiase aos foros. Co crecemento de Hattrick necesitamos asegurarnos de que realmente coñecemos e entendemos o que sentides co xogo.

En resumo, estamos avanzando nun ano de melloras en tódalas áreas de Hattrick. Agardamos estar en boa forma cando celebremo-lo 10º cumpleanos de Hattrick o vindeiro ano.
 
Server 071