Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

11-8-2013 Editorial: Novos prezos para Supporter

Hoxe anunciamos os novos prezos para o paquete Supporter en Hattrick, así como a posibilidade de renovar automaticamente as subscricións. Os cambios serán efectivos a partir do 14 de novembro.
Como probablemente xa sabes, os fundadores de Hattrick recompramos os dereitos do xogo en agosto. O motivo foi que Zattikka, a compañía á que lle vendéramos Hattrick fai 18 meses, quebrou. Estamos felices do noso regreso e estivemos moi ocupados nestes poucos meses traballando na transición cara a unha compañía independente outra vez, planificaando a folla de ruta do noso produto e revisando as posibilidades do negocio.

O principal problema para nós é que antes de caer en bancarrota, Zattikka gastou todos os cartos que se ingresaran polo Supporter por adiantado. Foron parar ao grupo Zattikka como calquera outro ingreso e estes gastáronos. Isto provoca que cando comezamos a dirixir Hattrick de novo, fixémolo cunha gran débeda cos nosos Supporters. Noutras palabras, os nosos usuarios dispoñen dun montón de Supporter que lles temos que seguir proporcionando durante anos, pero non veremos ningún ingreso destas susbcricións ata que chegue a hora da renovación. Dado que Zattikka foi moi agresivo coa venda de ampliacións de Supporter por medio de descontos, temos, tamén, tempos de subscrición anormalmente extensos no sistema e sabemos que os nosos ingresos serán máis baixos do normal durante un longo período de tempo.

Analizamos a situación para ver que podemos facer para asegurar que poidamos seguir con Hattrick por moitos, moitos anos máis. Queremos que Hattrick posúa unha fonte segura de ingresos a curto e longo prazo. E coñecido por todos que Hattrick xa non está en crecemento e queremos ser capaces de traballar mesmo se o xogo decrecese. Para facer iso, temos que procurar maneiras de obter máis ingresos dos usuarios que máis lles importa o xogo.

Temos algunhas opcións dispoñibles que non queremos considerar.

Non convertiremos Hattrick nun xogo exclusivamente de pagamento. Isto seguro que reduciría os nosos custos e pode que "forzase" a algúns usuarios "non Supporter" a converterse en Supporter. Pero isto é algo que non estamos dispostos a facer, xa que sempre dixemos que Hattrick sería de balde.

E non incorporaremos novas funcións de pagamento que proporcionen unha vantaxe determinante no xogo. Queremos un Hattrick xusto, onde teñas as mesmas opcións de gañar tanto se es un usuario de balde como de pagamento, aínda que para iso teñas que traballar máis se es un usuario de balde. Así que non tomaremos ningunha destas medidas.

No seu lugar, decidimos incremetar o prezo do Supporter. E será unha suba significativa.

Sabemos que unha suba de prezos nunca é popular, mais tamén sabemos que, ao longo dos anos, o Supporter tivo un prezo considerablemente inferior ao que os usuarios estaban dispostos a pagar en realidade polo servizo. Acabamos de facer un estudo de mercado que mostra que isto é aínda así, e estamos nun momento no que necesitamos facer uso deses ingresos extra.

Isto axudaranos a continuar invertindo no xogo e tamén no Supporter, no canto de arriscarnos coa introdución de novos modelos de negocio en Hattrick. E aínda que por agora non teñamos unha nova versión de Supporter, as melloras no paquete Supporter teñen un lugar destacado na nosa folla de ruta para o vindeiro ano.

Cando se lanzou o Supporter Platinum, a intención era que este fose un tipo de subscrición exclusivo, e que non supuxese máis dun cuarto das subscricións supporter. Neste momento, máis da metade dos Supporters son Platinum, o que indica que os dous paquetes teñen un prezo moi similar. Queremos que o paquete Gold sexa o mellor valorado e por iso decidimos aumentar a diferenza de prezo entre o paquete Gold e o Platinum como parte desta revisión de prezos, co que será entre un 25% e un 30% máis caro mercar o Platinum.

Paralelamente a este incremento do prezo, tamén introduciremos unha forma de pagamento que renove a subscrición automaticamente cada mes. Agardamos que este novo método de subscrición, evitando os pagamentos anuais por anticipado, o fará máis sinxelo e será máis atractivo apoiar os futuros desenvolvementos de Hattrick. Cunha subscrición mensual, o Supporter estará dispoñible por menos de 3,50€ para o Silver, 7€ para o Gold e 9€ para o Platinum. Aínda será posible obter o Supporter para 6 ou 12 meses, nun único pagamento, con grandes descontos sobre a tarifa mensual. E os usuarios de países con ingresos inferiores continuarán tendo substanciosas rebaixas destes prezos.

Os novos prezos e a renovación automática non estarán activos ata o 14 de novembro, o que significa que todos os nosos usuarios teñen a oportunidade de ampliar as súas subscricións ao Supporter durante os próximos seis días ao prezo antigo.

Unha vez máis, decatámonos de que estos cambios poden non ser populares, pero cremos que é o mellor camiño para garantir unha longa vida a Hattrick así que agardamos a vosa comprensión.
 
Server 070