Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

8-18-2015 Editorial: Actualización sobre os cambios do motor do xogo (próxima tempada)

O novo motor do xogo, que xa vos presentáramos no último editorial, vén sendo evaluado nos encontros de Torneo das últimas semanas. Baseándonos nisto e nas vosas impresións, fixemos algúns cambios de cara á versión final, que entrará a funcionar a comezos da próxima tempada
PORTEIRO:
Sen novidades.

DEFENSAS:
O defensa ofensivo incrementará a súa aportación de xogadas só nun 14%, en vez do 21% previsto.

LATERAIS:
Axustamos as aportacións dos laterais cara ó medio e dos laterais defensivos. Incrementaremos un chisco a aportación de xogadas e de lateral destas dúas ordes, para que así encaixen mellor coas aportacións das outras posicións.

EXTREMOS:
Reduciremos a aportación da habilidade extremo dos extremos en normal e ofensivo nun 10%, en vez do 13% e 14% previsto, respectivamente. As outras ordes seguen co plan previsto.

MEDIOS:
Sen novidades.

DIANTEIROS:
Imos dar marcha atrás no cambio que tiñamos previsto nos dianteiros en posicións laterais [Nota do editor: refírese ó dianteiro esquerdo e ó dereito], xa que a dobre aportación ó lado propio desequilibraba un chisco o motor do xogo. Polo tanto, agora os dianteiros laterais en normal non cambiarán as súas aportacións. Pero no caso dos dianteiros coa orde cara á banda, si que incrementarán un chisco a súa aportación de lateral ó seu ataque lateral máis próximo, e de pases ó seu ataque lateral máis lonxano.

En resumo, quixemos atenuar algún incremento nas aportacións individuais que se nos fora un pouco das mans, pero á súa vez non queriamos perder os efectos positivos que temos visto no equilibrio do xogo, así como no rendemento do motor, e temos a crenza de que agora conseguímolo.

Imos actualizar axiña o manual coas novas aportacións.

 
Server 071