Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

12-6-2016 Editorial: Benvidos á Hattrick International!

Este xaneiro vai dar comezo a primeira tempada da Hattrick International. Daremos por vez primeira a todos os mánager do Hattrick a oportunidade de participar no seu meirande desafío: crear un club novo nunha liga totalmente nova, e onde todo o mundo partirá de cero.
Na Hattrick International non atoparás equipos veteráns cunha chea de cartos aforrados debaixo da almofada. Polo contrario, competirás de igual a igual cos mánager hattriqueiros máis motivados, comezando de cero dende a división máis baixa.

A xestión do teu equipo na International estará totalmente separada do teu club actual, o que poderás seguir manexando como ata agora. Para unirte, deberás ser ou ben Platinum ou ben Diamond Supporter, e comprometerte á nova liga por polo menos tres temporadas. Un pouquiño máis abaixo detallámosche os precios e a campaña de lanzamento.

E logo, que é isto da Hattrick International?

A Hattrick International é unha nova liga no universo hattriqueiro, moi semellante ás ligas nacionais que temos hoxe en día. Poderás estabelecer o teu novo club no país que queiras, e os teus novos xogadores serán dese país.

Pero a liga será internacional, e no teu grupo poderás atopar equipos de todo o mundo adiante. Esta liga funcionará como calquera outra no Hattrick—mesmo calendario, mesmas Copas, mesmos premios e mesmo sistema de adestramento. Terá incluso a súa propia bandeira, para que os cazabandeiras teñan un cromo máis que acadar!

Unha das diferencias é que a International non terá selección nacional. E polo momento, tampouco terá representación na Hattrick Masters—aínda que iso podería cambiar no futuro.

A Hattrick International estará totalmente integrada no mundo hattriqueiro, polo que poderás comprar e vender xogadores no mercado de fichaxes, adestrar xogadores para os equipos nacionales e xogar amigables onde che pete. O motor do xogo tamén será o mesmo. Resumindo, poderás usar todos os teus trucos de can vello do Hattrick para darlles no lombo ós teus novos opoñentes!

...e o vas necesitar, xa que vai ser unha das ligas máis activas do universo hattriqueiro, chea de mánager activos. Imos supervisar manualmente tanto os emplazamentos iniciais como as reglas de promoción durante as primeiras tempadas, para estar seguros de que haxa o maior número de mánager humanos posible.

Como unirse

Para unirse á Hattrick International terás un club adicional que xestionarás á vez co teu club actual. Este terceiro oco será incluído de balde no Diamond, e costará [#priceInEur] ó ano para os supporters Platinum.

Aínda así, vai a haber un xeito para os Platinum de evitar este coste adicional.

Queremos que a Hattrick International comece o mellor posible, polo que imos facer unha oferta que non poderedes rexeitar. Cada mánager que compre, mellore o renove o seu Platinum por polo menos un ano, poderá unirse á Hattrick Internacional dende o principio, e manter o seu terceiro equipo as primeiras tres tempadas sen coste adicional.

E aínda máis, cando comece a cuarta tempada, por decembro do ano que ven, darémoslle a oportunidade a todos os supporters Platinum de seguir xogando á Hattrick International sen costes adicionais. Neste punto, preguntarémoslle ós Platinum se prefiren seguir mantendo o seu segundo equipo nunha liga nacional ou usar o seu oco adicional para un equipo da International. Noutras palabras, os Platinum só pagarán extra pola International se manteñen os seus tres equipos.

Se xa eres un supporter Platinum e quédache máis dun ano de subscrición e prefires non tomar parte da campaña e estender o Supporter aínda máis, poderás pagar os [#priceInEur] para facerte xa mesmo cun equipo na Hattrick International.

Esperamos que esta nova forma de xogar ó Hattrick sexa moi molona, e ter ós mellores mánager competindo entre eles do xeito máis equilibrado posible!
 
Server 070