Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

10-20-2017 Editorial: Dalle outra oportunidade á nova páxina de aliñación!

Despois do lanzamento en Agosto da nosa nova páxina de aliñación, fomos engadíndolle moitas melloras, polo que cómpre botarlle outra ollada se non che convenceu de primeiras! Pola outra banda, imos introducir unha nova funcionalidade, para que podas cualificar as nosas páxinas.
O nosa nova páxina de aliñación é o noxo proxecto do ano. Dende que o lanzamos o temos mellorado dabondo, e hoxe queriamos resumirche esas melloras.

Tamén queriamos pedirvos a todos os que seguides a empregar a marabilloso páxina vella que lle derades ó nova páxina unha segunda oportunidade. Moitas das melloras foron suxeridas polos mánagers, e coidamos que foron solucionadas. E aínda se non é así, gustaríanos escoitar que outras cousas poderiamos mellorar.

Qué hai de novo?

* Ó entrares a páxina, xa non irás por defecto á primeira lapela na que se configuran as aliñacións predefinidas. Se o teu partido xa ten unha aliñación ben xa feita ben predefinida, entrarás directamente na lapela da aliñación. Por suposto, poderás se ti o queres volver á primeira lapela para arranxar os asuntos que teñas pendentes. No caso de que a túa aliñación sexa inválida, sexa por lesións, sancións ou vendas dalgún xogador, si que entrarás pola primeira lapela.

* Moitos pediches manter o antigo orde que só tiña en conta as habilidades principais, no canto do novo que calcula os mellores xogadores para unha posición determinada, polo que engadimos esa opción de volta.

* O pasar o rato por enriba dun xogador, a súa ficha non aparecerá máis dentro da lista de xogadores, senón nun sitio fixo ó final da lista. Isto suaviza dende un punto de vista visual o proceso de ollar ós teus xogadores.

* Engadimos iconos para as especialidades e tamén dorsais para a vista da aliñación.

* Engadimos un "lazo azul" para sinalar os xogadores que xa xogaron o partido do fin de semana, e así axudarche a optimizar o teu adestramento.

* Melloramos a selección de ordes individuais. Agora cando selecciones un xogador, este resaltarase por medio dun fondo gris. Tamén invertemos os cores das frechas. Isto fai que sexa máis difícil trabucarte ó seleccionares un xogador determinado.

Ademais, fixemos pequenas melloras para as versións de smartphone e tablet, sobre todo no xeito de seleccionar e arrastrar os xogadores.

En canto á aliñación dos encontros de xuvenís, engadimos a posibilidade de ver as habilidades potenciais dos teus xogadores. Isto aplicará tamén ós usuarios que teñan desactivada a visualización das barras de habilidades.

Imos continuar a mellorar a páxina de aliñación, pero queriamos darche un informe de como van as cousas. E lembra que sempre poderás cambiar á moi xeitosa e sempre usable páxina vella!

Cualifica a páxina

Por último, imos sacar unha nova funcionalidade, "Cualifica esta páxina". Permitirache cualificar calquera páxina do Hattrick de 1 a 5 estreliñas. Isto non vai ser algo que precises facer, vai estar agochado ó final da páxina, e non vas poder deixar comentarios adicionais, e aínda por riba non che daremos resposta ningunha.

...Entón, isto para que raios serve? O noso propósito é darche unha ferramenta para que nos digas que páxinas non están a funcionar todo o ben que poderían, e tamén ver os cambios despois dun lanzamento. Se vemos sinais de que unha páxina precisa de máis traballo, faremos a nosa propia análise, e tamén pedirémosche a túa opinión por medio das conferencias e tamén de enquisas antes de facer ningunha mellora.
 
Server 070