Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

6-23-2020 Editorial: Folla de ruta para o verán 2020

Este verán comezaremos a construir o novo sistema da Copa do Mundo, o cal anunciamos fai unhas semanas. Tamén estamos a traballar nunha versión mellorada da web de Hattrick, que será lanzada xunto coas actualizacións de varias seccións importantes do xogo.
A pesar de que as cousas foron un tanto caóticas e incertas no mundo real, en Hattrick continuaron as tendencias positivas que comezaron no 2019. Notamos que máis usuarios iniciáronse no xogo, que eses novos usuarios quédanse máis tempo de media e, como resultado, incrementouse o número de mánagers. Aínda que nos gustaría que ese total crecera, a nosa prioridade é manter contentos aos usuarios actuais. Dicir, neste sentido, que é moito máis motivador planificar o futuro do xogo cando te das conta de que a demanda de Hattrick está medrando.

O gran proxecto no que estamos a traballar é a nova Copa do Mundo—algo que amosa o moito que cremos no futuro do xogo, xa que levará boa parte do noso tempo nos próximos meses. Aínda así, tamén teremos tempo para outras pequenas cousas. O lanzamento da nova Copa do Mundo será en xaneiro do 2021, pero se cadra iremos sacando as primeiras partes durante o outono—por exemplo as novas federacións das seleccións.

O outro gran proxecto que andamos a argallar é máis visual. Queremos facer o Hattrick grande outra vez. Xa que as pantallas sonche hoxe en día moito máis anchas que no 2008, que é cando lanzamos o actual deseño, polo que imos facelo máis ancho. Tamén reestructuraremos un chisco a páxina, para estar seguros de que todo funciona como debe, e facer tamén pequenas melloras por aquí e acolá. Como principio xeral, queremos reducir o número de clicks que leva chegar a determinadas páxinas, traendo á superficie o mellor contido.

Isto non será un redeseño, senón unha pequena mellora nas nosas páxinas principais. Tralo redeseño, imos asegurarnos que todo funciona para colectivos como persoas cegas ou usuarios do tema simple. Tamén imos invitar ó desenvolvedor do Foxtrick para que lle bote un ollo e lle de tempo a adaptalo todo antes de lanzalo.

Falando de todo un pouco, o noso proxecto para crear novas facianas dos xogadores está a ser mellorado en base ás vosas impresións. Seica os rapaces saíron moi serios e non podían rivalizar en beleza cos LA's de galego. Así que imos engadir algunhas ideas para melloralo, e asegurarnos que as novas caras sexan mellores cas antigas para a maioría dos nosos usuarios.

No eido do motor do xogo, non imos cambiar nada. Como sabedes si houbo un pequeno arranxo co tema dos imprevisibles do que falamos nun recente O Meu Hattrick. A partir do verán si empezaremos a desenvolver novas ideas para o motor do xogo.

E por último, o Flash vai morrer ó final do 2020. Festa! E para celebralo, estamos a buscar alternativas para o noso Deseñador de Equipacións e o noso Deseñador de Estadios

Iso é todo amigos, vou saltar unhas cantas fogueiras e comer unhas cantas sardiñas, aínda que sexa na casa!
 
Server 071