Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Información do sistema

Estado do Hattrick (ata onde nós sabemos)

Sen fallo
Motor do xogo
Sen fallo

Sen fallo
Mercado de fichaxes
Sen fallo

Sen fallo
Conferencias
Sen fallo

Sen fallo
Infraestructura
Sen fallo

Sen fallo
CHPP
Sen fallo

Sen fallo
Móbil
Sen fallo

...seica estás a experimentar algún problema? Deixa o que teñas nas mans, e infórmanos.

Que hai de novo por aquí?

8-1-2019 Informe de lanzamento do 1 de agosto

Imos lanzado un novo deseño para a nosa páxina de inicio, con melloras tanto gráficas como de rendemento.

E como sempre, outros arranxos pequenos por aquí e acolá.

6-27-2019 Notas do 27 de Xuño

Fixéronse as seguintes melloras:

• Un pequeno cambio nas poxas do mercado de transferencias; en vez de 2 zonas para poxa e poxa máxima e un botón, agora hai unha soa zona e 2 botóns.

E coma sempre pequenas melloras para aumentar o rendemento da nosa web.

6-27-2019 Web servers

There are some access issues with the web site right now, causing new connections to be sometimes denied while those on the servers can continue to use the game as they please. We have paused the trabsfer for now and will reopen it on the morning. Even if you get an error message when trying to visit Hattrick.org, you can try to access it on m.hattrick.org or directly on one of the web servers, such as www91.hattrick.org or www93.hattrick.org - tjis seems to circumvent the problem.

5-14-2019 Informe de lanzamento do 14 de maio

Algúnhas cousiñas:

• A partir de agora amosaremos na clasificación da liga unha icona de bot a carón dos equipos sen dono.
• Xa non será posible mover a data de comezo da túa liga de xuvenís antes do permitido.

E outros pequenos arranxos máis por aquí e acolá.

4-3-2019 Ingresos Negativos

Reportáronnos que a algúns usuarios sáelle como negativo o ingreso pola taquilla do seu último encontro. Este erro é só presentacional, e o imos arranxar mañá pola mañá, polo que non fai falta que o reportes ós GMs.

3-7-2019 Informe de lanzamento do 7 de Marzo

Fixemos cousas:

• Arranxamos un bug no que os ht-mail novos non eran amosados como nova mensaxe (senón como lida).

E como sempre arranxamos uns cantos erros mais e salvamos o mundo un par de veces.

3-5-2019 Bug no espírito das seleccións

Fai unhas semanas comezamos a investigar un bug no espírito das seleccións nacionais, gracias ás observacións dalgúns mánagers. O bug acontecía na baixada de espírito do domingo, na que o código ben a repetía, ben non a facía. Como o espírito afecta a todos os equipos, non houbo ningún caso no que un equipo recibira dous actualizacións e outro ningún. O bug está xa arranxado, e as últimas dúas semanas xa non houbo fallo ningún.

2-27-2019 Informe de lanzamento do 27 de Febrero

Algunhas cousiñas por aquí e acolá:

• Engadimos a posibilidade de atopar padriño polo seu nome de usuario.
• Tamén engadios ligazóns ás iconas de tipo de encontro que podes atopar na páxina e no arquivo de encontros.

E algúns outros pequenos arranxos.

2-22-2019 Erro no adestramento de resistencia

O adestramento de resistencia non fixo efecto esta semana. Estamos a investigar por que.

Actualización: Xa o atopamos, seica o adestramento si que fixo efecto, pero as subidas non che foron notificadas. Arranxamos xa este bug, polo que para a semana todo volverá ó normal, pero non poderás ver as notificación das subidas ata o luns.

Se queres saber xa se o teu xogador tivo algunha subida ou baixada, só tes que ir ó seu Historial de Rendemento, e ver que nivel tiña a semana pasada.

2-12-2019 Informe de lanzamento do 12 de Febrero

Algúns arranxos por aquí e acolá:

• As ordes de marcaxe ó home xa non se gardarán nas aliñacións por defecto—e imos borrar todas as ordes gardadas ata agora en ditas aliñacións. Isto non afectará as aliñacións normais ou as que teñas gardadas cun nome determinado.
• Cambiamos os avatares do equipo de xuvenís, polo que as súas facianas xa non serán grises, senón que usaremos os mesmos avatares que os maiores, para que así poidades usar os uniformes do primeiro equipo. Así que non vos asustedes se algún dos vosos rapaces ten xa pelos nas orellas!!!

2-6-2019 Notas do 6 de febreiro

Realizamos os seguintes cambios e arranxos:

• Arranxado un erro polo que o estado de ánimo que aparecía no xogo era diferente ao real.
• Agora verás os cambios nos siareiros en números absolutos em vez de en porcentaxes.
• Arranxado un erro do motor no que cando un xogador rochoso se lesionaba volvía a curarse ata ter só tirita.

E outros erros menores relacionados coa web.

12-13-2018 Arranxados os problemas coas copas

Arranxamos uns problemiñas nas copas Zafiro de Romanía, Suíza, Hong Kong, Kenia, Macedonia (o país, non o postre), Benin, Tanzania e Comores.

Algúns equipos que pasaron de ronda perdéronse polo camiño, polo que tivemos que refacer todo. Imos contactar cos usuarios afectados para avisalos de que volvan a enviar as ordes do encontro.

Desculpade as molestias!

11-21-2018 Informe de lanzamento do 21 de novembro

Fixemos estes arranxos:

• Arranxamos un fallo que impedía completar a licenza de mánager se facías unha Rapidiña.
• No equipo de xuvenís, arranxamos os comentarios do scout cando volves á páxina de vista xeral.

...e outros pequenos arranxos por aquí e acolá.

11-14-2018 Arranxado o problema coas novas ligas

Houbo un problemiña ó entrar ás novas ligas anunciados onte (polo que sobre todo afectou ós Platinum). Arranxos:

* O límite de 16 semanas para abrir un club adicional foi suprimido (e seguirá así alomenos por esta tempada).
* Engadimos cuarta a todas as ligas, e todos os novos equipos comezarán nesta división.
* O equipo de xuvenís xa debería funcionar.

11-6-2018 Datas das Copas de Xeración

Os encontros das copas de xeración de hoxe pola mañá atrasáronse 4 horas por un erro. Isto foi xa arranxado, e todos os encontros xogaranse no horario previsto.

11-6-2018 O Novo Deseño, O Foxtrick e como facer que funcionen

Hoxe sacamos un oMeuHT no que anunciamos o novo deseño para as habilidades, as cualificacións dos xogadores e os resultados da busca de traspasos. Facemos isto para que a información sexa consistente entre a web e as apps, o cal cremos que é moi importante.

Se non che gusta, poderás volver ás cualificacións e a vista de habilidades vella, indo á páxina de Preferencias, e escollendo o «Vello Estilo», e as cousas seguirán no seu sitio de sempre.

10-29-2018 Mantemento do noso fornecedor de internet - 1 de novembro

O noso fornecedor de internet vai estar de mantemento entre as 02:00 e as 06:00 (CET) do 1 de novembro, polo que todos os traspasos serán prorrogados.

10-28-2018 Traspasos prorrogados

Pola noite tivemos un problemiña na web que fixo que non funcionase de todo ben. Para non crear inxustizas, prorrogamos todos os traspasos en 10 horas. Todo debería xa furrular ben.

9-3-2018 Informe de lanzamento do 3 de setembro

Algunhas melloras frescos:

• Melloramos o deseño do campo no visor do live.
• A partir de agora amosaremos os comportamentos ó mostrar as cualificacións dos xogadores no live e no O'laboratorio.

E outros pequenos arranxos por aquí e acolá.

6-22-2018 Melloras na Moviola

Cousas novas:

• As medias xa non inclúe as quendas de penaltis.
• Se o encontro ten regras de copa, haberá outra barra co ratio de vitorias/empates/derrotas para o resultado tralos 120 minutos.
• Engadimos algunhas estatísticas adicionais.


Ollar máis

 
 
Server 096