Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Arquivo de información do sistema

11-1-2015 Arranxados os bugs relacionados cos novos empregados

Arranxamos uns cantos bugs que apareceran nos encontros da primeira xornada, relacionados coa introdución dos novos empregados.

Auxiliar Táctico (TA) e estilo de xogo: moitos equipos obtiveron as cualificacións como se tivesen un adestrador neutro, no canto das que tiñan previsto co seu adestrador e os axustes do TA. Isto foi xa arranxado para que o adestrador aplicado sexa o correcto antes das modulacións do TA.

Voceiro: O Voceiro foi suprimido, e aplicouse a todos os equipos unha bonificación permanente e de balde equivalente a un Voceiro nivel 5. Resolvimos un problemiña con esta implementación que facía que o ánimo dos seareiros non reaccionase do xeito que debía tras o partido de liga.

Todo isto foi solucionado e está xa activo na páxina dende hai unha hora, e ata o que sabemos, todos os problemas foron arranxados. Pero teremos un ollo ben aberto e seguiremos estas solucións de emerxencia mañá ata que esteamos seguros de que as cousas van ben. Pedimos desculpas por este accidentado comezo de tempada.

 
Server 071