Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Arquivo de información do sistema

2-10-2016 Caída e traspasos

Onte o Hattrick estivo caído durante horas, por mor duns problemas co noso ISP que comezaron ás 18:30 e non foron resoltos ata a medianoite. A solución non estaba nas nosas mans, pero pedimos disculpas polos retrasos nos encontros ós usuarios que están a xogar o Trofeo "Semana do Supporter".

O que si fixemos mal foi que non paramos o mercado de traspasos coma de costume, polo que houbo poxas que remataron sen xente conectada que poxar, o que resultou en perdas para o vendedor. Sempre tivemos a política de non compensar en casos así, xa que non tiñamos medios para estimar a perda. Pero desta imos cambiar a política e tentar compensar ós usuarios que saíron perdendo. Recentemente implementamos un novo algoritmo para a análise do mercado, e cremos que nos vai axudar a acadar unha compensación o máis xusta posible. Pedimos ós usuarios involucrados que sexan pacientes, xa que podería levar uns cantos días antes de que todo o mundo reciba os cartos.

Aplicaremos isto a traspasos onde o xogador en cuestión tivese poxas cando o sitio caeu, e onde a poxa rematase en tanto a páxina estaba caída. Imos excluír xogadores cun valor menor a 10.000 € da compensación.

Tamén estamos a traballar nunha solución para suspender automaticamente os traspasos cando haxa unha caída non agardada. Ata que teñamos isto a punto, podería darse o caso de ver o mercado de traspasos parado aínda que non haxa unha caída real, pero agardamos ter isto implementado o antes posible, para que o que pasou onte non volva pasar.

 
Server 070