Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Arquivo de información do sistema

8-28-2017 Actualizacións na páxina de ordes do encontro

Ó longo deste fin de semana recollemos as vosas opinións de como mellorar a experiencia do usuario na nova páxina de ordes do encontro, polo que aí tendes un feixe de melloras:

Melloras:
- Engadimos a opción de ordenar por calquera habilidade.
- Os nomes das habilidades móstranse como texto ó pasar o rato por enriba da barra de nivel.
- Se tes unha aliñación predefinida, ou xa enviaches as ordes para un partido, ó entrar irás directamente á lapela de "Aliñación". Pola contra, se hai algún xogador que falte na aliñación, ó entrares irás á primeira lapela, para así poder cargar outra aliñación ou comezar de cero.
- Suprimimos o salario da vista detallada do xogador para reducir a sobrecarga visual.
- A vista detallada do xogador expanderase automáticamente cando pases o rato por enriba. Aínda así, para activar este comportamento, necesitarás mover o rato á dereita e pasar o rato enriba da barra da forma. Deste xeito, poderás usar a lista de xogadores sen expandir directamente a vista detallada ó desprazar para abaixo a parte esquerda, enriba do nome dos xogadores, ou pola contra facelo co extensor da vista detallada na parte dereita.
- Engadimos un fondo sombreado ó xogador seleccionado, e así como invertemos os colores das frechas. O novo fondo debería esclarecer os límites de cada xogador, e reducir o risco de deseleccionar por erro un xogador que esteas a enfocar.

Bugs arranxados:
- Ordear por dorsal non funcionaba na Academia de Xuvenís.
- Ordear por categoría daba distinto resultado na páxina de ordes do encontro e na páxina de xogadores.
- O modo adestramento non funcionaba nos encontros de copa.

 
Server 071