Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Arquivo de información do sistema

3-8-2018 Informe de lanzamento do 8 de marzo

Arranxos por aquí e acolá

• Arranxamos o acceso para os padriños da páxina de estimación de adestramento se o seu apadriñado non é Supporter.
• Dende agora presentaremos de forma máis xeitosa no O'laboratorio e na páxina de ordes do encontro cando o teu opoñente non teña ningún encontro recente cunha aliñación válida.
• Os Supporter Platinum e Diamond xa non terán límite ó nominar ó Salón da Fama.
• Engadimos información sobre o tempo nos encontros de Escada, Desafío e Torneo.
• A partir de agora, os suplentes tamén poderán marcar ó home, aínda que só comenzarán a facelo cando saian o campo (senón menudo lío!)
• A partir de agora poderás ver o efecto dos teus adestradores asistentes na forma oculta na páxina dos empregados. Tamén engadimos estos efectos á tabla do capítulo de empregados do manual.
• Na táboa de distribución de ocasións (post-partido), os tiros lonxanos non tácticos irán a partires dagora á categoría de "Outros".
• Actualizamos o manual cuns parágrafos sobre o marcaxe ó home, no capítulo "Aliñación: o básico".

...e unha morea máis de pequenas cousiñas, porque a vida pode ser marabillosa!

 
Server 071