Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Regras da casa

Conferencias e moderadores

Estamos ben orgullosos da nosa comunidade, e especialmente do espírito e actividade das conferencias. Para as conferencias de Hattrick, designamos uns moderadores (Mods) para que axuden aos usuarios que o precisen, pero tamén para asegurarnos de que as nosas conferencias son un lugar que pague a pena visitar. As normas xerais de comportamento aplícanse dentro das conferencias, como no resto de sitios, pero tamén hai unhas regras específicas que permiten manter ese espírito amigable. Algunhas conferencias teñen regras específicas a maiores, e podes atopalas sempre no fío con chincheta da conferencia en cuestión. Os moderadores teñen autoridade para suspender o dereito de acceso ás conferencias e para dar toques de advertencia co fin de defender as normas.

Os Gamemasters tamén teñen os poderes dun moderador e poden tratar determinadas violacións severas das regras (aquelas que poden causar a completa expulsión do xogador do xogo). Por favor, lembra que ter o Hattrick Supporter non te prevé de poder ser expulsado temporalmente das conferencias; nestes casos non se che retornarían os cartos pola suspensión parcial das túas ferramentas de Supporter.

As decisións dos moderadores poden ser apeladas aos moderadores veteranos, cuxas decisións xa non admiten apelación posíbel. Por favor, ten en conta que os castigos que están baixo apelación poden verse tanto incrementados como diminuídos, unha vez que se tome a decisión final.

Nas conferencias de Hattrick has de seguir as nosas normas de comportamento, pero ademais non se permiten publicar:



- Spam, por exemplo, escribir varias veces a mesma mensaxe
- Bumping (escribir co único propósito de promoverte a ti mesmo ou un fío determinado).
- Escribir mensaxes con provocacións e coa intención de molestar-
- Uso excesivo de expresións malsoantes e tacos.
- Ataques racistas, sexistas ou persoais; ataques contra unha nación ou relixión.
- Discutir sobre política ou relixión.
- Facer acusacións sobre trampas (para iso emprega a páxina de denuncia de trampas).
- Promover ou pedir axuda sobre descargas ilegais de software ou claves de acceso a eses programas, ou solicitar torrents e/ou streams de eventos (deportivos).
- Simular ser parte do equipo de colaboradores de HT sen selo.
- Falar sobre unha decisión oficial respecto a un usuario ou caso en concreto, ou facer públicos correos cos colaboradores de HT sen autorización.
- Utilizar conferencias (baleiras) como se foran os foros dunha federación. Por favor ten respecto polo feito de que as conferencias das ligas e das ligas de xuvenís están feitas para promover a comunicación entre os membros desas ligas, e aínda que os visitantes son benvidos, non está permitido para os invitados empregar as conferencias para discusiones fora de contexto.

Conferencias de federacións
Os foros de federacións (función de Supporter) pretenden ser unha parte máis privada de Hattrick na que os membros de cada federación establecen a súa propia orde do día e as súas propias regras dentro de certos límites. Non obstante, nas federacións non está permitido:
- Publicar mensaxes sobre calquera asunto considerado ilegal por lei (inclúense enlaces a material ilegal e ameazas na vida real).
- Usar as federacións como plataformas para fomentar comentarios que menosprecen a unha ou varias persoas. < br />- Organizar ou programar actividades destinadas intencionadamente a atacar ou provocar outros usuarios, incluíndo os traballadores de Hattrick.
- Publicar calquera correspondencia co equipo de traballadores sen o consentimento explícito destes.

Para outros asuntos de comportamento, os presidentes das federacións son os responsables e teñen os medios para solucionalo como crean conveniente. Teñen a posibilidade de eliminar mensaxes inapropiadas, de expulsar membros da federación e de nomear moderadores desta para que lle axuden a manter a orde na conferencia da federación. De todos os xeitos, tamén podes elixir irte da federación pola túa conta para evitar maiores conflitos.
 
 
Server 081