Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Amigables

Os amigables entre seleccións xóganse cada venres ás 20.00 (hora HT) entre as seleccións que non teñan un partido da Copa do Mundo programado para esa hora. Eses partidos son moi semellantes aos amigables que os clubs xogan entre semana.

Para concertar un amigable, o seleccionador deberá retar outro equipo ou aceptar o reto de xeito similar aos adestradores dos clubs. O procedemento ten unha pequena diferenza, xa que o sistema non avisa ao seleccionador dun reto. Os seleccionadores deben enviarse HT-mails entre eles para concertar o amigable. Para aceptar un reto, o seleccionador debe ollar a páxina do outro equipo e aceptar o reto dende alí.

O equipo que reta pode escoller en que estadio xogar o amigable. Calquera estadio é válido, pero sempre se considerará campo neutral independentemente de cal sexa. Non hai taxas polo aluguer do campo.

 
Server 071