Axuda »   Manual »   O adestrador 

O adestrador

O adestrador é unha parte importante no equipo, xa que é responsábel do adestramento e de motivar aos xogadores.

Habilidades do adestrador

Habilidade: Un adestrador xeitoso coñece os mellores métodos para adestrar os seus xogadores para facelos mellores. Canto máis talento teña o teu adestrador, máis efectivo será o adestramento. A habilidade máxima dun adestrador é excelente (nivel 5). Tódolos novos equipos comezan cun adestrador pasable (nivel 3).

Liderado: Aparte de planificar o adestramento, o teu adestrador tamén ten un papel como inspirador do xogo dos teus xogadores. O espírito do teu equipo verase beneficiado, en xeral, se o teu adestrador ten un bo liderado.

Mentalidade: O teu adestrador pode ser ofensivo, defensivo ou neutro, o que soamente afecta á actuación do teu equipo durante os partidos. Un adestrador ofensivo mellora o teu ataque en detrimento da túa defensa e un defensivo mellora a defensa a cambio de perder un pouco de ataque. Un adestrador defensivo mellora a defensa un chisquiño máis do que un ofensivo mellora o ataque, tendo os dous a mesma perda. O neutro non é nin ofensivo nin defensivo, o que quere dicir que non axuda a ningunha parte do equipo, pero tampouco penaliza ningunha.

Perda de habilidades

Tras cumplir unha tempada no equipo, o teu adestrador comezará a perder paulatinamente o seu liderado. Cando chegue a liderado arrepiante, comezará a diminuír o seu nivel de adestrador.

Cambio de adestrador

Se non estás satisfeito co teu adestrador sempre poderás ou contratar a un novo adestrador de fóra do club ou facer a un dos teus xogadores adestrador. Para poder facer adestrador a un dos teus, o xogador deberá levar polo menos 16 semanas no club. Podes cambialo na pestana de «Empregados», dentro do menú «Club».

Lembra que tódolos adestradores novos dun certo nivel de habilidade son iguais. Se contratas un adestrador de habilidade pasable (nivel 3), por exemplo, vai ser pasable "medio" (ten en conta que un adestrador excelente -nivel 5- soamente é medio nivel mellor que un bo).

Cando contrates un novo adestrador, o teu vello adestrador permanecerá no equipo como un xogador máis, pero nunca poderá volver a ser o teu adestrador e tampouco poderás vendelo. Se non queres que permaneza no teu equipo, terás que despedilo.

Contratar un adestrador de fóra

Cando contrates un novo adestrador o primeiro que tes que decidir é de que estilo de xogo queres que teña, e despois decidir como de bo o queres. Cada combinación de liderado e habilidade ten un prezo fixo, canto mellor sexa o adestrador, tamén será máis caro.

Liderado
Nivel pobre (3) feble (4) insuficiente (5) pasable (6) bo (7)
Nivel: 1 - feble (4)
10 000 US$ 10 000 US$ 10 000 US$ 10 000 US$ 10 000 US$
Nivel: 2 - insuficiente (5)
10 000 US$ 22 800 US$ 41 200 US$ 65 100 US$ 94 600 US$
Nivel: 3 - pasable (6)
79 600 US$ 182 800 US$ 329 700 US$ 521 000 US$ 757 100 US$
Nivel: 4 - bo (7)
268 700 US$ 617 100 US$ 1 112 900 US$ 1 758 500 US$ 2 555 500 US$
Nivel: 5 - excelente (8)
4 000 000 US$ 4 388 400 US$ 7 914 600 US$ 12 505 200 US$ 18 172 500 US$

Converter un xogador en adestrador

Cando convertes a un xogador no adestrador do teu equipo manterá o seu nivel de liderado. Canta máis experiencia teña, máis barato será o curso de adestrador. Por iso se tes un xogador moi experimentado e cun nivel alto de liderado pode ser todo un choio. En calquera caso, un xogador non pode acadar un nivel de adestrador maior có seu nivel de experiencia e ademáis non poderás convertelo en adestrador ata que non leve no equipo polo menos unha tempada completa (16 semanas).

 
Server 071