Aliñación: Conceptos básicos
Como adestrador do equipo decides non só que xogadores senón tamén con que formación saltarán ao campo. Antes de cada partido tes que enviar as ordes do partido a través do formulario da aliñación que se atopa na páxina dos encontros. As ordes do partido teñen que ser enviadas cando menos 20 minutos antes de que comece o partido, pero se cadra o reloxo do árbitro non coincide co teu, así que tenta evitar dar ordes nos últimos minutos se é posible.
Tamén podes establecer unha aliñación que Hattrick empregará por defecto en futuros partidos, inda que sempre poderás axustala de acordo coas circunstancias particulares de cada encontro. Recomendámosche que establezas unha aliñación por defecto como medida de precaución.
Aliñación inicial e substitucións
Para cada partido seleccionarás 11 xogadores, os seus posíbles substitutos, o xogador que se encargará de lanzar as faltas e córners e o capitán do equipo. No formulario de aliñacións podes escoller que xogadores aliñarás premendo e arrastrando.
Se un dos teus xogadores cae lesionado, o substituto para esa posición entrará ao terreo de xogo. Se para cando o precisas non tes un substituto asignado nesa posición en concreto, outro xogador da convocatoria será seleccionado automaticamente para saltar ao campo.
Se non tes ningún substituto dispoñible, terás que continuar o encontro con dez xogadores. Se o teu porteiro cae lesionado e quedaches sen trocos pendentes ou non incluíches un porteiro suplente na convocatoria, un xogador de campo ocupará esa posición.
Tamén podes preparar as substitucións que consideres máis axeitadas ao encontro. Mira o capítulo das "Substitucións" para máis información.
Incomparecencias (Walkovers)
Recorda que debes ter como mínimo 9 xogadores en cada encontro. En caso de que asignes menos desta cantidade, os empregados do clube serán os que designen o once inicial, pero sufrirás unha penalización de espírito, confianza e experiencia da formación. Isto só afectará a ese encontro, e non influirá no entrenamento de habilidades, que será o normal. En caso de que non haxa suficientes xogadores para o encontro en todo o clube, o partido darase por perdido, tendo ademáis perda de entrenamento para o teu equipo.
Se non aliñas polo menos 9 xogadores en encontros fóra de competición ou de xuvenís, os rapaces do vecindario ocuparán os ocos baleiros. Ao contrario que nos encontros de competición, isto non suporá un impacto negativo sobre o adestramento semanal dos xogadores que foron aliñados nun encontro oficial.
Elixindo a aliñación do equipo
Podes xogar con calquera formación que poida ser creada na interface. A túa páxina de adestramento tamén inclúe a listaxe da formación completa.
É importante saber que cando máis de un xogador xoga na posición central (defensa central, mediocentros ou dianteiros), non será quen de contribuír ás cualificacións do equipo con toda a súa capacidade. A perda desta contribución é máis grande con tres xogadores que con dous. A lóxica disto é que con máis dun xogador na mesma zona, uns pasan a depender dos outros polo que non serán capaces de contribuír coa súa capacidade plena.
Resumindo, un xogador só na posición central contribúe ao 100%. Usar dous xogadores na posición central fai perder contribución (a ámbolos dous), e usando tres xogador a súa perda é aínda máis grande (afectando aos tres). Esta perda afecta a tódalas habilidades do xogador.
O nivel da perda da contribución é ademais más grande para os medios que para os dianteiros, e máis grande para os dianteiros que para os defensas. A perda para os mediocentros é ao redor de dúas veces o que perden os defensas. Para os dianteiros é preto da metade das dúas anteriores.
Tácticas e actitude do equipo
No formulario de ordes do partido tamén podes establecer unha táctica para o equipo (se cres que deben xogar unha en especial) e a actitude para ese encontro en particular. Os diferentes tipos de tácticas descríbense no capítulo de "O encontro: Tácticas" e a actitude do equipo no capítulo de "Psicoloxía".
Orde "Marcaxe ó home"
A marcaxe ó home permíteche asignar a un dos teus xogadores para que siga de preto e neutralice os avances dun xogador rival. Debes utilizar esta habilidade con coidado, xa que supón certo risco. Iso si, se das co xogador axeitado no sitio xusto, aumentarán as túas posibilidades de vic¡toria.
Fundamentalmente, trátase de ordear a un dos teus xogadores que lle faga a vida imposible a un determinado xogador do equipo rival. Se o xogador contrario escollido está no campo, a orde terá efecto cando se leven 5 minutos de encontro. Que implica isto? O teu xogador rendirá 50% menos do normal se o xogador rival escollido está preto e 65% menos do normal se está lonxe. Pola contra, o rendemento do xogador marcado baixará en maior ou menor medida dependendo das características tanto do marcador como do rival marcado. A clave está en saber cando paga a pena utilizalo e cando non.
Un xogador que recibe a orde de marcar ó home non pode recibir outro tipo de instruccións. Esto quere dicir que o feito de ter que marcar a un xogador cancelará calquera outra orde previamente dada: ofensivo, defensivo, cara ó lateral ou cara ó medio.
Soamente podes elixir a un marcador por encontro entre os teus defensas centrais, defensas laterais e centrocampistas interiores para marcar a un dianteiro, extremo ou centrocampista interior rival. Se o oponente escollido non foi titular ou xoga nunha posición na que non se pode facer marcaxe, o efecto sobre el será nulo, pero o teu xogador sufrirá unha pérdida de rendemento do 10%. Sen embargo, unha orde de marcaxe ó home que non se active ó comezo do encontro pode facelo despois si o xogador escollido entra dende o banquiño ou pasa a xogar nunha posición que permite a marcaxe.
Dado que a orde de marcaxe ó home é un efecto, o xogador non contribuirá coas súas habilidades ás tácticas de equipo, como poden ser Presión ou Contraataque. Sen embargo, si o fará se a orde da marcaxe ó home non se activa e se da a penalización do 10% comentada anteriormente.
A habilidade de defensa é a máis importante para o teu marcador, que se enfronta á habilidade máis alta do xogador marcado. Isto decidirá canto penalizará o teu xogador ao obxectivo. Se o teu marcador é potente ou carece de especialidade, gañará un 10% ou un 5% respectivamente, da habilidade de defensa na marcaxe respectivamente. Pola outra banda, se o xogador marcado e técnico, perderá un 8% da súa habilidade máis alta durante a marcaxe, mentres que os imprevisibles gañarán un 8% na mesma. Tanto a forma como a condición, experiencia, lealdade e o bonus de canteirán, ademáis do estado de saúde, inflúen na comparación. Ten en conta que estes modificadores só se teñen en conta para calcular o efecto da marcaxe, non para os ratios.
Calquer penalización sufrida polo marcador afecta a tódalas súas habilidades, excepto Portería e Balón parado. Os xogadores marcados, a maiores, non se verán penalizados no seu nivel de defensa.
Ordes individuais
Podes darlle indicacións aos teus xogadores de campo para que teñan un determinado comportamento no campo, o que nós chamamos ordes individuais. Por exemplo, podes ordenarlle ao teu mediocampista interior que xogue "defensivo".
Isto non quere dicir que deixe de ser un mediocampista interior, pero se concentrará máis en aspectos defensivos do normal e menos en potenciar o teu ataque. Hai catro ordes individuais. Mira a seguinte táboa para saber con máis detalle
o que significan realmente as habilidades e saber a súa influencia en cada parte do equipo. Ademáis, tamén podes indicar a un xogador que marque á estrela do equipo rival. Para máis información, consulta a sección "Marcaxe ó home".