O sistema da Liga
Unha tempada en Hattrick dura 16 semanas: 14 xornadas de Liga (8 equipos en cada grupo a dobre volta), unha semana para os partidos de promoción e outra na que non hai ningún tipo de actividade.
A estrutura da liga
Todas as ligas en Hattrick seguen o principio de comezar no nivel máis baixo e intentar promocionar aos niveis superiores. As tres divisións superiores son iguais en todos os países. A primeira división ten un grupo con oito equipos, sendo o gañador da liga do país o que alcance o 1º posto ao final da tempada. Despois, estará a segunda división con 32 equipos en catro grupos. Os gañadores de cada grupo poderán ascender directamente ou xogar un encontro de promoción. O terceiro nivel terá 16 grupos de con 128 equipos en total, coas mesmas regras xa citadas.
Non todas as divisións son iguais. Dependendo do número de mánager de cada liga, esta pode modificar o seu tamaño, aumentando o número de equipos por nivel pero facendo o ascenso máis difícil, ou aumentando os niveis das divisións pero facendo o ascenso máis fácil. Por isto, a estrutura da túa liga ten influencia no tipo de ascenso que che podería tocar. Para velo deberás consultar a información na sección da túa liga. Se tes curiosidade, poderás usar as frechas das ligas desa sección para ver como funciona o ascenso noutras ligas.
A Asociación Oficial de Hattrick resérvase o dereito de facer modificacións na estrutura das ligas, engadindo ou eliminando equipos segundo sexa necesario. Neste caso, comunicarase por adiantado calquera cambio.
Ascensos, descensos e promocións
O ascenso pode darse en tres casos, dependendo do tamaño da túa divisón en comparación coa división superior.
[u]O líder ascende ou xoga a promoción[/u] Se a túa división é máis pequena, menos equipos poderán ascender. Neste caso, a metade mellor dos gañadores ascenderá directamente e o resto xogará a promoción. Os mellores serán elixidos por puntos e diferencia de goles. [u]Os mellores ascenden e o resto xoga a eliminatoria[/u] Se a túa división ten o dobre de grupos que a superior, o gañador sempre ascende e o resto poderá xogar unha eliminaroria fronte a equipos da división superior. [u]Dous equipos ascenden directamente e dous equipos xogan a eliminatoria[/u]Se a túa división Ten o mesmo tamaño que a superior, catro equipos poderán ascender: o 1º e 2º directamente, e o 3º e 4º xogando eliminatoria.
As regras de descenso son máis sinxelas. Se non estás a xogar na última división, os equipos na posición 7 e 8 descenderán directamente, mentras que os da posición 5 e 6 xogarán partidos pola permanencia. Podes consultar estas regras na información do teu grupo.
Cambiar liga no periodo de cambio
Se o teu equipo compite nunha das tres últimas divisións da túa liga, é posible cambiar dunha a outra liga sempre que sexa na mesma división. Para que isto funcione, debe haber un oco libre na liga á que te queiras unir, algo que amosaremos na táboa da clasificación durante o periodo de cambio na pretempada. Se tes un equipo adicional como parte do teu Supporter, non poderás movelo á mesma división que o teu otro equipo.
Descenso e promoción de bots
Ao final de cada tempada, todos os equipos bot que haxa da división VI para abaixo descenderán á última división posible. A única excepción a isto encóntrase no cume da división VI, onde calquera equipo bot que quede campión do seu grupo poderá ascender ou xogar un partido de promoción, como de costume. Aos equipos bot da división V para arriba trátaselles da mesma forma que se trata os equipos dirixidos por mánagers humanos en canto aos ascensos e descensos se refire.
Ao tempo que estes bots descenden, outros equipos adicionais ascenderán de divisións inferiores, ocupando os seus lugares. Estes equipos serán seleccionados de entre un grupo de “Perdedores Molóns”, que veñen a ser os equipos que perderon os encontros de promoción, ou ás veces equipos que descenderon directamente. Podes rexeitar esta promoción na configuración do equipo.
Se hai máis bots que managers nas divisións non inferiores, o sistema pecha automaticamente a división inferior e, polo tanto, fai os preparativos necesarios.
Posto na Liga e Clasificación Global
A posición na Liga vén determinada por (en orde de importancia): puntos na Liga, mellor diferenza de goles e maior número de goles anotados. A posición na Liga determina a túa posición na clasificación global, usada para saber con quen te enfrontas no caso de encontros de promoción ou de Copa.
A clasificación global está baseada en (por orde de importancia): nivel da túa liga, posto no teu grupo, puntos na liga, mellor diferenza de goles e maior número de goles anotados. Tanto na clasificación global como na posición na Liga, se todos eses datos son iguais unha moeda ao aire decidirá.
Premios
Se rematas en primeira, segunda, terceira ou cuarta posición terás como recompensa un premio en metálico. A cantidade dependerá da posición que ocupes e en que división te atopas:
Niveis de división
|
1
|
2
|
3
|
4
|
División I
|
2 000 000 US$
|
1 175 000 US$
|
825 000 US$
|
500 000 US$
|
División II
|
1 350 000 US$
|
1 050 000 US$
|
750 000 US$
|
450 000 US$
|
División III
|
1 200 000 US$
|
925 000 US$
|
675 000 US$
|
400 000 US$
|
División IV
|
900 000 US$
|
700 000 US$
|
500 000 US$
|
300 000 US$
|
División V
|
600 000 US$
|
475 000 US$
|
325 000 US$
|
200 000 US$
|
División VI
|
525 000 US$
|
400 000 US$
|
300 000 US$
|
175 000 US$
|
Outras divisións
|
450 000 US$
|
350 000 US$
|
250 000 US$
|
150 000 US$
|
Existe tamén un premio de 10 000 US$ para o máximo goleador do grupo. O premio págase despois do último encontro da tempada. Se dous xogadores empatan por este premio, ámbolos dous donos actuais dos xogadores recibirán os cartos; non obstante, se dous dos teus xogadores empatan, entón só recibirás un premio.
Premio polo ascenso
Se ascendes a unha división superior obterás unha prima polo ascenso a maiores do premio económico. Ademais, o ascenso tamén fará crecer o teu número de socios. Obterás un 10% máis de socios (ao igual que no caso de descender perderás o 10% dos teus socios). Se ascendes "pola cara bonita"—por exemplo, no caso de limpa de bots, ou por plazas extras temporais na Hattrick International—só obterás o incremento do número de socios.
Niveis de división
|
Ascendido directamente
|
Ascendidos despois da promoción
|
División I
|
-
|
-
|
División II
|
500 000 US$
|
175 000 US$
|
División III
|
450 000 US$
|
150 000 US$
|
División IV
|
400 000 US$
|
125 000 US$
|
División V
|
300 000 US$
|
100 000 US$
|
División VI
|
200 000 US$
|
75 000 US$
|
Outras divisións
|
175 000 US$
|
50 000 US$
|