Psicoloxía
Dirixir un equipo de fútbol non é unicamente adestrar e facer as tácticas, tamén require algo de psicoloxía. O teu equipo ten que desexar gañar e os xogadores deben crer en si mesmos. A psicoloxía do equipo afecta aos resultados dos partidos, e ao revés, os resultados dos partidos afectan tamén a psicoloxía do equipo.
Espírito do equipo
O ambiente que rodea ó equipo ten unha gran influenza sobre o rendemento do equipo. O espírito de equipo afecta ás cualificacións do medio campo, canto mellor espírito teñas mellor renderá o mediocampo. Isto determinará a cantidade de posesión de pelota que obterás.
O espírito do equipo á súa vez pode verse afectado por varias cousas, en particular polo liderado do teu adestrador, a actitude do equipo que escollas para o encontro, os traspasos e o psicólogo.
Confianza
Os teus xogadores teñen que crer en si mesmos para realizar ben o seu traballo. Un equipo cunha baixa confianza terá problemas para materializar as súas oportunidades de gol. Ter a confianza alta será normalmente bo, pero se tes unha confianza demasiado alta os xogadores poden chegar a subestimar a equipos inferiores (ver abaixo máis información).
A confianza do equipo vese reflectida nas cualificacións de ataque. A confianza depende en gran parte dos resultados dos anteriores partidos e das expectativas dos siareiros, pero ter un psicólogo e un adestrador con liderado alto tamén consegue levantala.
Actitude do equipo
Antes de cada encontro debes dicirlle ao teu equipo como de importante é ese encontro. A actitude do equipo afecta a canta posesión de balón terás. Existen tres posibilidades:
Encontro da Tempada: Os teus xogadores farán calquera cousa por gañar este partido. Non obstante, inmediatamente despois do partido o espírito do equipo caerá, o que significa que os teus xogadores non estarán no seu mellor estado para os seguintes encontros.
Normal: Os xogadores tomaranse o encontro como un máis.
Xogar relaxados: Os teus xogadores reciben instrucións de tomarse o encontro sen tensión, de cara a outros encontros posteriores máis importantes. Inmediatamente despois do encontro o espírito do equipo subirá e os xogadores estarán mellor preparados para os seguintes encontros.
Personalidade do xogador
Tódolos xogadores teñen a súa personalidade. Os xogadores deshonestos e con agresividade son amoestados e expulsados con máis frecuencia. O liderado é importante no capitán do equipo que selecciones e no teu adestrador.
Eventos psicolóxicos nos partidos
Os desenvolvemento do encontro pode afectar ó rendemento do equipo mais aló das indicacións do adestrador. Estes eventos psicolóxicos poden ter un grande impacto no partido en si, pero non afectarán nin ó espírito do equipo nin á confianza, só ó encontro que se está a disputar.
Cando un equipo obteña unha vantaxe de dous ou máis goles comezará de xeito automático a perder o seu ímpeto atacante e a ir cara atrás para centrarse máis na defensa. Este efecto aumentará se a vantaxe tamén aumenta: por cada gol que incremente a vantaxe, o teu ataque baixará nun 9%, e a defensa subirá nun 7,5%. por gol. Por outra banda, se o opoñente consegue reducir a vantaxe, producirá o efecto contrario. Hai un límite máximo de 8 goles de diferencia, a partires do cal as cualificacións deixarán de cambiar.
En certas situacións, os equipos poden aturar este efecto psicolóxico. Se o equipo ten a orde "Encontro da Tempada", non se botarán atrás aínda que leven unha ampla vantaxe. O mesmo acontece se o equipo está a xogar as finais da Copa Nacional, a Copa do Mundo, a Hattrick Masters ou calquera outra copa nacional, e tamén se está a xogar o último encontro de liga da tempada. Na Copa do Mundo non ocorrerá nas semifinais, e na Copa de Nacións e Continental non pode pasar dende os cuartos de final.
Ademais, un equipo que estea a xogar mal de carallo na primeira parte podería ter unha boa bronca do adestrador durante o descanso, facéndolles reaccionar na segunda metade.
Exceso de confianza
No caso de que o teu rival sexa un equipo en peor posición ca ti e a túa confianza sexa forte ou mellor, os teus xogadores poden ter exceso de confianza e xogar por debaixo da súa capacidade normal. O risco de ter exceso de confianza depende da diferenza de puntos e de posición entre os dous equipos, e tamén do teu nivel de confianza e da actitude do teu equipo para o partido. Canto máis grande sexa a diferenza, máis altos os niveis, etc, entón o risco será máis alto tamén. O único xeito de evitar por completo o exceso de confianza é xogando "partido da tempada".
No caso de que subestimes ao teu rival, a diferenza de puntos, o nivel de confianza, a actitude do equipo e se xogas fóra ou na casa, determinará o nivel dese exceso de confianza. Dependendo de como vaia o partido podes recuperarte no tempo de lecer: recuperación completa se perdes, de 2/3 en caso dun empate e de 1/3 se gañas por un.
Ten en conta que o exceso de confianza pode ocorrer só en partidos de Liga, pero non ocorrerá nas tres primeiras xornadas.