Axuda »   Manual »   Finanzas 

Finanzas

Como presidente do teu club, ti es tamén responsable das finanzas do equipo. Cando chega a actualización semanal pagas as facturas e recaudas os ingresos. Podes ver a hora exacta en que isto ocorre na túa Liga en Local Schedule page. Se por exemplo, compras un xogador por 10 000 US$, o xogador estará á túa disposición de inmediato, e o epígrafe "Novas fichaxes" verase incrementado neses 10 000 US$.

Ingresos e gastos

Na sección de finanzas podes ver o estado actual das túas contas así como o da pasada semana. Isto é o que significan os distintos epígrafes:

Ingresos

Venda de entradas: Os ingresos dos partidos de Liga na casa e dos partidos de metade de semana. Olla o capítulo 10 'Estadio' para máis información sobre este tipo de ingresos.

Patrocinadores: Cada semana consegues unha suma de diñeiro dos patrocinadores do club. Repasa o capítulo de 'Seareiros e patrocinadores' para saber máis sobre isto.

Venda de xogadoress: Cando vendes un xogador, os ingresos amósanse aquí. Olla o capítulo 'Traspasos' para máis información.

Comisión: Se recibes cartos pola venda dun xogador que estivo no teu equipo ou por ser o club de orixe amosarase aquí. Olla o capítulo de 'Traspasos' para máis información.

Outros: Calquera outro ingreso acumularase aquí, coma por exemplo as cotas dos socios e os cartos por premios.

Gastos

Salario dos xogadores: Cada semana deberás pagarlle o seu salario aos xogadores do equipo. O seu salario base será de 250 US$ máis unha bonificación en base ás súas habilidades e á súa idade. Os xogadores estranxeiros cobran ademais un 20% que se engade automaticamente ao seu salario.

Mantemento do estadio: O custo semanal por manter funcionando o estadio. Olla o capítulo 10 'Estadio' para ter máis información.

Construción do estadio: Aquí amosaranse os custos de ampliar ou reducir o tamaño estadio no caso de facelo.

Empregados: Cada empregado custarache entre 1 020 US$ e 33 840 US$ á semana, dependendo do seu nivel de habilidade (1 a 5) e da duración do seu contrato (1 a 16 semanas).

Rede de olladores: Custo semanal da túa Academia de Xuvenís ou do teu investimento na Rede de Olladores.

Novas fichaxes: Amosaranse aquí os custos polo traspaso de xogadores. Mira o capítulo sobre 'Traspasos' para máis información.

Outros: Os custos extraordinarios acumúlanse aquí, coma por exemplo o despedimento de empregados ou o custo de promover xogadores ao primeiro equipo.

Xuros: Se tes débedas, terás que pagar os xuros que ocasionen. Súmanse neste apartado.

Reservas na caixa e Reservas da Xunta Directiva

A Xunta Directiva limita o diñeiro disponible na caixa para o mánager, para gastos tales como salarios, traspasos ou ampliacións do estadio. Todos os activos por enriba deste activo circulante (o diñeiro disponible), será reservado pola Xunta Directiva para asegurar a viabilidade futura do club. Se o precisar, a Xunta liberará cartos das reservas cara ó activo circulante, pero co límite máximo dun porcentaxe das reservas cada semana (tipo de retorno).

O Director Financieiro—ó cal podes asinar como empregado—pode aumentar tanto o activo circulante como o tipo de retorno das reservas de caixa.

Débedas e bancarrota

Podes seguir gastando cartos incluso se o saldo da túa conta chega a cero euros —ata -200.000€ se non tes poxas activas por algún dos teus xogadores—. De feito, tes aberta unha liña de crédito de 500 000 US$ no banco, pero terás que pagarlles un elevado tipo de xuro polos cartos que che empresten. Se as túas débedas pasasen dos 500 000 US$, daranche un aviso de creba. Pero ten coidado, se non conseguises volver a un saldo inferior a eses 500 000 US$ de límite nas dúas semanas posteriores ao aviso de creba, perderías o teu equipo de Hattrick! Ten en conta que se un equipo nesa situación ten xogadores á venda con poxas suficientes como para alcanzar esa "zona segura", ou ten cartos nas reservas da Xunta Directiva, o equipo non entrará en bancarrota (aínda que seguirá pagando intereses).

 
Server 070