Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Axuda »   Manual »   Amigables 

Amigables

Para darlle adestramento a todos os teus xogadores nas súas posicións, os amigables son sempre unha opción se non estás a xogar a Copa. Con asiduidade son usados para que xoguen os suplentes e así poder adestralos, pero pode ser tamén unha boa forma de probar e adestrar formacións e ordes para os xogadores. Tamén son unha boa oportunidade para desafiar os teus mellores amigos e que o partido se converta nunha cuestión de honra.

Conseguir un amigable

O xeito máis sinxelo de atopar un amigable é engadindo o teu equipo á bolsa de amigables na páxina de desafíos. Elixe o tipo de partido e de rival que che gustaría ter, e unha vez na bolsa, o teu equipo emparellarase automaticamente con outro concertando o amigable (tan axiña como atopemos un equipo que se axuste ás túas preferencias)

No momento que quedes eliminado da copa, e non teñas concertado aínda un amigable, poderás desafiar outros equipos que estean libres. Pode ser que algúns equipos non poidan ser desafiados debido as súas preferencias ou ao estado da Licenza de Mánager.

Todos os teus desafíos (incluídos os dos equipos que te desafiaron) amósanse na páxina de "Desafíos". No intre en que aceptes un desafío, este aparecerá no calendario de encontros e poderás seleccionar o teu equipo da forma habitual.

Amigables na pretempada

Durante as semanas 15 e 16 da tempada tamén terás a posibilidade de xogar encontros amigables na fin de semana sempre que non coincidan cun encontro de promoción.

Neste período, o xeito de desafiar a alguén será algo diferente. Cando prepares un desafío, terás unha nova opción onde podes escoller entre un amigable de entre semana ou de fin de semana.

O período durante o que poderás facer desafíos para os encontros da fin de semana—tanto nacionais como internacionais—, abrirase o luns ás 06:00 e durará ata o venres ás 23:59.

Tipos de amigables

Hai dous tipos de encontros amigables: o encontro normal e o encontro con regras de copa. Cando se xoga o amigable coas regras da copa, non caso de empate ao final do partido, haberá prórroga e mesmo penaltis.

Amigables internacionais

Pódese escoller xogar no estranxeiro, ou convidar a un equipo doutro país ao teu estadio. Se xogas no estranxeiro, o encontro disputarase á hora local de onde se xoga. Por exemplo, se vas xogar en Portugal, o partido xogarase á hora en que se disputan os encontros os Mércores en Portugal (neste caso 21:45 CET).

Independentemente do lugar de destino, a viaxe do teu equipo comezará contra as 18:00 (CET) do martes e o regreso será por volta das 08:00 (CET) do xoves. Os amigables internacionais deben estar planeados os martes antes das 18.00 (CET), e non poderás concertar ningún outro amigable ata que o equipo volva para casa o xoves. Se o teu equipo non xogou un amigable internacional, o da semana seguinte podes concertalo a partir das 06:00 (CET) do xoves.

Cada viaxe ao estranxeiro custarache 6 000 US$, pero tamén é verdade que os amigables internacionais levan máis espectadores ao campo.

Varios

A venda de entradas nun amigable é moi inferior en comparación coa dun partido de competición. Os amigables con regras de copa atraen a máis seareiros que os amigables normais, e á súa vez, os amigables internacionais aínda xuntan a máis xente.

A confianza e o espírito do equipo non se ven afectados por estes encontros, nin tampouco os seareiros nin a súa moral. Iso si, o risco de lesións non diminúe por tratarse dun amigable.

Xogar en campo neutral

Se queres xogar un amigable sen darlle a vantaxe de xogar como local a ningún dos equipos, podes elixir xogar en campo neutral. Con todo, se o partido termina disputándose na rexión á que pertence o teu equipo, aínda terás a vantaxe de xogar como local (mesmo que no encontro figures como equipo visitante). O dono do estadio non recibirá cartos pola cesión do seu terreo para este amigable.

Independentemente de onde decidas xogar, calquera partido xogado contra un equipo estranxeiro considérase amigable internacional.

 
 
Server 095