Seareiros e patrocinadores

Ámbolos dous, patrocinadores e seareiros, xeran uns bos ingresos. Polo tanto é moi recomendábel ter unha boa relación con eles e subirlles o seu ánimo, pagará a pena ao final.

Ánimo dos seareiros

Os seareiros marcarán moito a evolución das finanzas do equipo. As cotas de socio (30 US$ por socio) páganse unha vez por tempada, pero o máis importante é que o seu ánimo fará moito á hora dos ingresos pola venda de entradas.

O camiño máis doado para manter alto o seu ánimo e atraer a máis seareiros, é cumprir (ou inclusive superar) as súas expectativas. O ánimo actual dos seareiros pode ser ollado na páxina dos seareiros.

Expectativas dos seareiros

Ao comezo de cada tempada os seareiros transmitiranvos o que esperan do equipo. As súas expectativas dependen sobre todo do que ocorreu na última tempada, das expectativas que tiñan os seareiros e do que o equipo chegou a conseguir.

Segundo o teu equipo ascenda ou descenda de división os teus seareiros hanse adaptar paseniño á nova situación. Se es un equipo con pouco tempo na categoría os seareiros non esperarán demasiado de ti. Pero se estás na mesma división ano tras ano, os seareiros tenderán a desexar un pouquiño máis.

Expectativas do encontro

De agora en diante as expectativas da tempada inflúen nas expectativas de cada encontro. Na páxina dos seareiros pode verse o que eles esperan de cada encontro. Por norma xeral, os seareiros esperan máis do equipo cando xoga na casa.

Se non hai sorpresa no resultado do encontro, os seareiros estarán ledos no caso de gañar (e non se sentirán moi decepcionados se as expectativas de perder cúmprense cunha derrota). Se o resultado é mellor do esperado estarán aínda máis felices. Pero se o resultado é peor do que esperaban afectaralles negativamente ao seu ánimo. Nas primeiras xornadas da liga a reacción dos teus seareiros será un pouco máis moderada que máis tarde na tempada.

Ao comezo da tempada as expectativas dos encontros faranse en función das esperanzas dos seareiros de ámbolos dous equipos (o local e o visitante). Ao longo da tempada a posición actual na Liga e a cantidade de puntos de ámbolos dous equipos irán cobrando máis forza. Nos encontros de Copa, as expectativas dos seareiros calcúlanse só en función das expectativas para a tempada de ámbolos dous equipos, tendo en conta a división na que se atopa cada equipo.

A actitude do equipo e os cartos que teñas na conta inflúen nos seareiros

A reacción dos seareiros tamén varía en función do resultado do encontro e tendo en conta se o teu equipo "xogou relaxado" ou xogou "o encontro da tempada". No caso de que o resultado sexa o esperado, ou incluso mellor, "xogar relaxado" diminuirá os efectos positivos e polo contrario xogar como "encontro da tempada" aumentará eses efectos positivos.

E no caso de que o resultado sexa peor do esperado, "xogar relaxado" aumentarán os efectos negativos e pola contra xogar "encontro da tempada" diminuirán eses efectos negativos.

Se tes cartos a esgalla na túa conta, os seareiros han ser un pouco máis difíciles de compracer xa que son sabedores de que hai cartos para investir e acadar éxitos. Os seareiros de "equipos ricos" teñen unha reacción máis forte ao perder e máis feble ao gañar ca un "equipo pobre". Cantos máis cartos ten o equipo, máis fortes son esas reaccións a perder ou gañar.

Patrocinadores

Os ingresos por patrocinio sonche unha fonte moi importante de ingresos para o teu clube. As ofertas dependerán da división e a cantidade de siareiros que teñas.

O diñeiro dos patrocinadores pagarase de forma igual cada semana da mesma tempada, sendo actualizada só unha vez por tempada.

 
Server 071